Un mariñeiro perde a vida e outro permanece desaparecido despois de afundirse a embarcación na que faenaban preto de Illas Cíes

24 Febreiro 2020

Os servizos de emerxencia localizaron esta tarde o corpo sen vida dun mariñeiro que faleceu ao afundirse o pesquero Marsua J con base en Panxón no que faenaba nas proximidades das Illas Cíes. Ademais, segundo os datos facilitados ao 112 Galicia, no barco se atopaba outro home que permanece desaparecido.

Foi unha persoa particular quen deu a voz de alarma ao 112 Galicia preto das 16:40 horas desta tarde, ante a posibilidade de que a tripulación da embarcación houbese sufrido un contratempo mentres faenaban. Indicaba no seu relato que o barco tiña que estar de volta na súa base ao mediodía e aínda non chegara.

Decontado, os xestores do CIAE 112 Galicia pasaron o aviso a Salvamento Marítimo e ao Servizo de Gardacostas de Galicia, que mobilizaron a Salvamar Mirach e o helicóptero Pesca I, respectivamente. Ademais, desde o 112 Galicia se puxo a situación en coñecemento da Garda Civil, da Policía Local e da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Val Miñor.

Segundo se lle indicou ao 112 Galicia, o corpo do mariñeiro falecido foi localizado polo Pesca I preto das Illas Cíes e rescatado pola Salvamar Mirach. Arestora, continúa a busca do outro membro da tripulación.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Más democracia frente a la corrupción”. Alberto Barciela

“Más democracia frente a la corrupción”. Alberto Barciela

En los enredos políticos cabe valorar indicios superlativos de egolatrías, ambiciones, avaricias y desentendimientos. Los coches oficiales suelen llevar cristales tintados y eso impide ver los bosques, descender a la realidad de lo cotidiano, entender lo que preocupa...

“De frutas a portas, pasando por Madrid”. Antón Luaces

“De frutas a portas, pasando por Madrid”. Antón Luaces

En tempos, Madrid foi -amáis de capital de España- a cidade das chulapas e chulapóns, a cidade con máis mariños do territorio español, de osos e madroños e a capital do schotis que había que visitar polo menos unha vez na vida. Na actualidade, Madrid é tamén un...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.