Rianxo e Muros, nos concellos adheridos á iniciativa autonómica para mellorar a cobertura móbil

28 Febreiro 2020

A axencia AMTEGA vén de facer reconto dos concellos que finalmente se adheriron á iniciativa autonómica para mellorar as comunicacións móbiles no rural, logo de que esta semana pechase o prazo para que as administracións locais presentaran cadansúas solicitudes. Trátase dunha medida que conta cun orzamento de até 5 millóns de euros. Inclúese ao seu abeiro a cesión dos emprazamentos axeitados para a instalación dos equipamentos de telecomunicación precisos para a mellora da cobertura naquelas zonas non urbanas que teñan cobertura deficiente. No caso da nosa comarca e a súa contorna, participaron os concellos de Rianxo e Muros.

A AMTEGA tamén fixo reconto das accións a desenvolver unha vez que pechou o devandito prazo, accións que se focalizarán tamén nos ditos dous municipios. Así, durante este primeiro semestre de 2020, a Administración autonómica, en colaboración co Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicacións de Galicia (COETG) validará as zonas con eivas de cobertura trasladadas polos concellos e, conxuntamente con co operador público galego RETEGAL, visitarase e comprobarase a idoneidade das parcelas indicadas polas entidades locais, creando así “un mapa de zonas de actuación”, segundo informou AMTEGA, engadindo que “aqueles concellos que cumpran cos requisitos, que son carecer de cobertura e poñer e dispoñer dos terreos axeitados, integraranse nun proxecto que se desenvolverá a través dunha encomenda ao operador publico RETEGAL para a construción das torres e dunha convocatoria publica a operadores en concorrencia competitiva”. Para este último paso, o lanzamento da convocatoria pública de axudas a operadores de telecomunicacións, xa se está a iniciar o proceso para solicitar a autorización da mesma á Comisión Europea.

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, e a Federación Galega de Municipios (FEGAMP) asinaron en decembro de 2019 un acordo marco para facilitar que as entidades locais se sumasen ao plan.

En O Barbanza xa dimos conta, os días pasados, da participación activa de Rianxo no devandito programa, materializándose a medida nunha enquisa activa na que participou a cidadanía do concello, dando conta ao detalle das zonas con rede máis deficiente, na súa maior parte pertencentes ás contornas rurais.

Outros artigos

Rianxo e A Estrada xa son oficialmente concellos irmáns

Este luns 19 de outubro formalizouse finalmente a sinatura do protocolo de irmandamento entre os concellos da Estrada e Rianxo, historicamente unidos polas figuras de Virxinia Pereira Renda (A Estrada) e Alfonso Daniel Rodríguez Castelao (Rianxo). A fraternidade...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

Hai case oito séculos, as Sete Partidas de Alfonso X pretendían establecer unhas regras comúns para ordenar a sociedade. Hoxe vivimos nunha democracia con leis e mecanismos de control, pero segue vixente unha pregunta fundamental: de que serven as normas se quen debe...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.