Remata a campaña de control de velocidade en Boiro con 220 infraccións tramitadas

06 Febreiro 2020

A Policía Local de Boiro informou hoxe da conclusión da campaña de control de vehículos que deu comezo o pasado 22 de xaneiro no concello. A iniciativa, destinada a garantir a seguridade viaria nas estradas, rematou con 5.590 vehículos supervisados e 220 infraccións tramitadas.

Os controis realizáronse entre o 22 de xaneiro e o 5 de febreiro, e nela participaron unha furgoneta da Dirección Xeral de Tráfico e máis os efectivos da Policía Local de Boiro. O dito vehículo, equipado cun cinemómetro, adicouse a localizar aqueles condutores que excedían as velocidades permitidas en diferentes recantos do termo municipal.

A Policía Local de Boiro centrouse no control das estradas periféricas do municipio, por ser, nas súas palabras, “os puntos máis conflitivos e nos que se infrinxen mais os límites de velocidade” e, polo tanto, hai máis risco de accidentes ou atropelos.

Nas dúas semanas de campaña, controláronse máis de 5500 vehículos dos que se detectaron 2762 infraccións por superar a velocidade máxima permitida da vía. Desas infraccións detectadas, as que se van tramitar por superar os marxes admisíbeis en cada vía establecidos polos axentes son un total de 220.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.