O terceiro Certame de Murais Feministas de Barbanza xa ten bosquexos gañadores

13 Febreiro 2020
Un dos bosquexos gañadores de Rianxo

O terceiro Certame de Murais Feministas de Barbanza, impulsado polos colectivos feministas da nosa comarca (Asociación Mulleres do Barbanza), xa ten bosquexos gañadores: catro importantes contribucións artísticas xurdidas da arela común de derrubar muros de discriminación e desigualdade e erradicar a violencia contra as mulleres.

O bosquexo gañador de Boiro

A orixe deste terceiro certame estivo no mes de outubro, cando as activistas locais acudiron aos centros docentes da contorna para propor, un curso máis, participar no certame de murais. Os institutos finalmente adheridos levaron a iniciativa ás súas aulas, e o resultado foi unha serie de contribucións creativas das que se fixo unha selección para determinar cales recibirían o premio, que consiste en poder plasmar cada bosquexo nun muro.

Outro das propostas gañadoras de Rianxo

Despois dun complexo proceso de escolma, dada a calidade de moitos dos traballos, os gañadores son os de:

· María Villamayor Andrade, do IES de A Pobra.

· María Pérez Mero, do Instituto de A Cachada, Boiro.

· Carlota Somoza e María Ordóñez, do concello de Rianxo.

· Mateo Arestín, Valeria Gómez e Marcos Ageitos, do Instituto Leliadoura de Ribeira.

A proposta da Pobra do Caramiñal

Desde os colectivos feministas da Barbanza agradecen o apoio do profesorado de plástica dos centros colaboradores, porque fixeron un oco nos seus apertados programas para colaborar de xeito activo no certame. Tamén agradecen o compromiso do alumnado participante en xeral e, en particular, das alumnas de Rianxo, que, “ante a imposibilidade de participar co seu centro, decidiron facelo pola súa conta”.

A contribución das rapazas do IES Leiladoura de Ribeira

Asemade, dan as grazas ás Concellerías de Igualdade de A Pobra, Boiro, Rianxo e Ribeira, pola “recepción dada á nosa proposta e polas facilidades que en todo momento nos deron para levala a cabo”.

Outros artigos

“Día das Letras, o valor da palabra herdada”. Alberto Barciela

Non é un cartel, nin un nome. A conmemoración anual do Día das Letras Galegas trascende o persoeiro celebrado, incluso a data, por festiva que sexa, para converterse nun referente da importancia cultural dunha lingua, dunha cultura, dun pobo. Un pode estar de acordo...

+

Publicidade

PEL
PEL

Revista en papel

Opinión

“Por qué mueren las aldeas” – Manuel Domínguez

“Por qué mueren las aldeas” – Manuel Domínguez

Por qué mueren las aldeas. Progreso de unos muerte de otros. Pasó en Portugal, pero podía ser aquí, y es aquí. Estaba en un viejo bar de aldea, cerca de una vieja estación de tren, estación que descansa en el olvido. Al otro lado en la aldea unas pocas casas...

“Un gravísimo error” – Manuel Domínguez

“Un gravísimo error” – Manuel Domínguez

Madre, error, gravísimo error. Un atardecer en la terraza, mesa colindante un niño, chiquitín le pregunta a la madre, cuando vendrá el coco o el hombre del saco. La madre responde más tarde al anochecer. Luego la madre se queja que el niño reclame luz encendida para...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.