O Domingo de Enterros culmina o Entroido de Boiro cun tren itinerante e festas nas parroquias

27 Febreiro 2020

A quen lle quedara aínda o formigo de mergullarse no Entroido, dicirlle que aínda hai, nos nosos concellos, actividades e citas festeiras nas que poder facelo. Por exemplo en Boiro, que veu cun Febreiro Choqueiro ben cumprido de desfiles, ruadas, concursos e concertos, tal e como fixeron saber na presentación do programa o Concello e máis as asociacións e entidades locais que xuntaron forzas para achegar a axenda máis completa posíbel. Unha axenda que comezou co Concilio de Abadesas e seguiu co Entroido da Boliña, a Festa da Orella, a festa nas rúas de Boiro e o concurso de disfraces e carrozas deste martes, e que culmina este 1 de marzo do Domingo de Enterros.

O Domingo de Enterros tamén vén con novidades, igual que as citas festeiras previas. Por exemplo o tren que vai habilitar o Concello para percorrer o termo municipal e levar a veciñanza e visitantes duns oficios fúnebres a outros, acompañándose a comitiva pola charanga Faíscas da Pontagra. O tren sairá de Boiro pola mañá e percorrerá Abanqueiro, Escarabote e Boiro. A continuación damos conta do planning máis ou menos exhaustivo do roteiro previsto:

Programación do Domingo de Enterros

12.00h – Enterro da Cunca en Praia Xardin

12.00h – Desfile da Asociación Cul. Ent. Crucense en Cabo de Cruz

12.00h – Foliada de Entroido A.C. Pedra da Aroña no porto de Escarabote

16.30h – Enterro do Óso en Abanqueiro

17.00h – Enterro do Felipiño no porto de Escarabote

20.30h – Enterro da Sardiña no Centro Social de Boiro

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La salud de la merluza” – Manuel Domínguez

“La salud de la merluza” – Manuel Domínguez

Parece ser que la merluza está en peligro, ¿enferma? Pues no sé solo que la noticia dice que la merluza está enferma y se está buscando beneficios para recuperar su salud. Intentaran cambiar la temperatura del agua, tal vez tanto calor le afecte, como antaño la...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.