O Concello da Pobra prosegue en San Isidro, Santa Cruz e A Ribeiriña as súas asembleas veciñais participativas

12 Febreiro 2020
Presentación do programa de asembleas nas parroquias celebrada a comezos de mes

O Concello da Pobra, co obxectivo de impulsar ao máximo a implicación da cidadanía e acadar deste xeito a mellor das xestións municipais posíbeis (a participativa, dinamizadora e transparente), puxo en marcha este mes un completo programa de Asembleas Veciñais, que foron dadas a coñecer os días pasados polo equipo de Goberno e que tiveron xa as súas primeiras convocatorias (na primeira semana de febreiro) en O Camiño Ancho e O Maño. Esta segunda semana de febreiro as xuntanzas de diálogo directo coa cidadanía trasladáronse a San Isidro (o martes 11 no local da Comunidade de Montes), a Santa Cruz (o mércores 12 na Escola da Granxa) e máis á Ribeiriña-O Conchido (xoves 13 no Centro So. Segundo informa o Concello, repetirase o formado de asembleas abertas. Todas as xuntanzas celébranse ás 20.30 horas. As xeiras chegarán até o 20 de febreiro.

O obxectivo deste programa, en palabras do Concello, é “recoller propostas para os orzamentos de 2020”. A axenda está constituída por nove asembleas en total. O Executivo local lembra que se ben estas reunións son “un grande esforzo para o grupo de Goberno”, as vantaxes e beneficios que se extraen da participación directa da veciñanza e do traballo conxunto coa xente son moi relevantes e cruciais para o futuro do concello, e, ademais, responden a un compromiso de diálogo directo que é “irrenunciábel” para o actual Executivo pobrense. “A nosa intención é que todo veciño ou veciña teña a oportunidade de achega-las suxestións que considere oportunas”, explica o Concello, engadindo que as xuntanzas son “unha boa oportunidade para tratarmos en persoa todos aqueles temas que sexan de interese para a veciñanza da zona ou para o concello en xeral”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“O respecto cara aos servidores públicos” – José Manuel Pena

“O respecto cara aos servidores públicos” – José Manuel Pena

Un gobernante é un servidor público e como tal se merece o respecto necesario, con independencia do partido ao que pertenza ou teña a ideoloxía que teña. O que non pode ser é que o alcalde de Vilanova de Arousa, Gonzalo Durán, con máis de tres décadas no cargo como...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.