O Concello da Pobra programou nove asembleas veciñais para extraer a máxima participación da cidadanía

03 Febreiro 2020

Este luns presentouse na sala de xuntas do Concello de Pobra a axenda de febreiro das Asembleas Veciñais que se van desenvolver ao longo deste mes en diferentes recantos do termo municipal, co obxectivo de mobilizar á veciñanza e mellorar, coa súa participación activa, a estratexia de acción local. Serán, de entrada, nove xuntanzas para establecer o máximo diálogo coa cidadanía.

Interviñeron José Andrés Lojo, concelleiro de Participación Veciñal (presentando o calendario de asembleas) e Estefanía Ramos, concelleira de Servizos Municipais (mostrando a total dispoñibilidade do seu departamento para atender todas as demandas das veciñas e dos veciños en materia de mantemento de viarios, recollida do lixo, alumeado, etc). Pola súa banda, Patricia Lojo, edil de Cultura, deu a coñecer os detalles do calendario de actividades relacionado coa súa concellería e, tamén, coas restantes (deportes, igualdade, turismo, dinamización económica, etc).

A programa de asembleas comezará mañá mesmo, martes 4, en Camiño Ancho, no Centro Sociocultural, a partir das 20.30 horas (igual que as restantes xuntanzas). A seguinte cita será no Maño, este xoves 6, no Centro Sociocultural, seguida da cita no local da comunidade de montes en San Isidro o día 11 de febreiro. Ao día seguinte, o 12, tocaralle a Santa Cruz, na Escola da Granxa, e unha xornada despois, o 13 de febreiro, celebrarase a asemblea da Ribeiriña-O Conchido no Centro Sociocultural.

A actividade proseguirá a terceira semana de febreiro, coa cita do Campiño (o día 17 na antiga escola de música), a de Ponte Barbanza (o día 18, no local do Muíño), a da Angustia (o día 19 na Escola do Campo) e na propia vila da Pobra (o día 20, no auditorio do Museo Valle-Inclán).

Na convocatoria cos medios de hoxe tamén participou o alcalde Xosé Lois Piñeiro, quen fixo un repaso polas vindeiras actuacións do Concello en materia cidadá: os orzamentos 2020 (que se tentarán presentar e aprobar contando coa máxima participación da xente da Pobra, reflectindo polo miúdo as súas propostas) e a inclusión de dous novos centros socioculturais no programa de reunións e actividades (o do Maño, na antiga Escola de Vilariño, e o da Angustia, na antiga Escola do Campo).

Asemade, o rexedor anunciou a vindeira presentación de tres proxectos: o novo Centro Sociocultural de Santa Cruz, o acondicionamento do Centro Sociocultural do Camiño Ancho (con dotación de parque infantil) e a reforma do Camiño Real na Ribeiriña-O Conchido.

Outros artigos

A Pobra suma dúas novas citas coa cultura no Cantón da Leña

A programación cultural da Pobra do Caramiñal continúa a próxima semana con dúas propostas no Cantón da Leña. Sue Moreno, con 5.0, e Rendos Pequeno, con Charlatán Rodríguez, protagonizarán as funcións previstas para o martes 11 e o xoves 13 de agosto, ambas ás 20.30...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“12 de agosto de 1975”. Xosé González Martínez

“12 de agosto de 1975”. Xosé González Martínez

Sempre tiven curiosidade pola etimoloxía da nosa onomástica. Pero tamén polosalcumes, para coñecer as razóns que os motivaron. De aí que sexa un atento lector dostextos das esquelas que se publican nos xornais.O mes de agosto sempre foi un mes moi festeiro. Por estas...

“El rey ausente” – Manuel Domínguez

“El rey ausente” – Manuel Domínguez

El rey ausente. Los muertos son números que forman parte de una estadística. ¿Números? Si. Si muere en el exterior, es el número del pasaporte, si muere en el hospital en número de la seguridad social, si muere en casa el número del DNI. Los 100 muertos en el mar,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.