O BNG de Boiro pedirá no pleno medidas para recoñecer as mulleres que se adican aos coidados

28 Febreiro 2020

O Bloque Nacionalista Galego de Boiro vén de presentar unha moción para ser tratada en pleno relacionada coa celebración do 8 de marzo, o Día Internacional da Muller Traballadora, en palabras da agrupación boirense “unha data para que o feminismo galego faga novamente historia” e que este ano desenvolverase baixo o lema Sen coidados non hai vida. Mudando o sistema, derrubando o patriarcado.

Esta proclama específica está na base da moción presentada polo BNG, que pon o foco nas consecuencias para as mulleres galegas do sistema económico, social e político no que vivimos, “que non podería sosterse sen os coidados que se desenvolven en moitas ocasións de forma gratuíta ou a través da precarización de moitas mulleres”.

A respecto de todo o devandito, o BNG de Boiro engade que “este 8 de marzo cómpre recoñecer o traballo do feminismo galego e contribuír a combater a precarización de servizos de coidados ocupados maioritariamente por mulleres”. Asemade, engade o grupo que coordina Raquel Suárez, é unha data para “dar visibilidade ao que supón no noso sistema económico e social a contribución do traballo invisíbel dos coidados como paso necesario para construír unha nova orde social que supere o patriarcado”.

Por estes e outros motivos, o grupo municipal do BNG solicita do pleno de Boiro as seguintes medidas:

1. Recoñecer e apoiar as convocatorias do feminismo galego auto-organizado que neste 2020 colocan no centro do debate os coidados e as consecuencias para as mulleres galegas do sistema económico, social e político no que vivimos.

2. Demandar da Xunta o seu compromiso coa realización de estudos periódicos sobre o valor social e económico do traballo do fogar e do coidado. A comezar por dar cumprimento ao artigo 29.3 do Decreto lexislativo 2/2015, do 12 de febreiro (polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma en materia de igualdade e realizar as actuacións necesarias para que no primeiro semestre de 2020 estea en marcha o desenvolvemento dunha nova Conta Satélite da Produción Doméstica) e por realizar as actuacións necesarias para que en 2020 se desenvolva “un profundo estudo, en colaboración coa universidade galega, do reparto do tempo nos fogares galegos”. O BNG tamén inclúe un chamamento para iniciar a elaboración dun Plan de Dignificación e Visualización dos Coidados que valorice e divulgue entre a sociedade galega a relevancia económica e social das mulleres que se adican a estes traballos.

3. Demandar da Xunta “a asunción dos programas relativos á dependencia para garantir a súa prestación universal e en igualdade para todas as persoas usuarias, sen que iso dependa do concello de residencia”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Todas as culpas recaen en Pedro Sánchez”. Antón Luaces

“Todas as culpas recaen en Pedro Sánchez”. Antón Luaces

Dí o PP que Pedro Sánchez "non quere un Rei preto do pobo; o PP, sí". Segundo fontes do partido, o PP vai exercer presión parlamentaria no Congreso para esixir explicacións ao Goberno e a visita do presidente de Ceuta ao palacio de Marivent , residencia vacacional dos...

“Detrás do manto de poder”. Luís Celeiro

“Detrás do manto de poder”. Luís Celeiro

Que estará pasando para que ninguén, nin os máis listos, saiban nada do que pasa. Un deputadogalego, despois dunha crise política que se cargou a parte do goberno autonómico, dixo coa man nopeito, do lado do corazón, aquí, “pasou o que pasou”. Todos o entenderon....

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.