O alumnado de hostalería de Boiro mostra como facer alta cociña con alimentos sobrantes

07 Febreiro 2020

O alumnado do Obradoiro de Emprego en Hostalaría Boiro III participou este xoves 6 de febreiro nunha demostración creativa (un showcooking) con vistas a abrir novos (e orixinais) xeitos de dar unha nova vida ás sobras da cociña. A sesión gastronómica sustentábel, organizada polo departamento de Medio Ambiente do Concello de Boiro, realizouse na mañá do xoves no Centro de Formación e Viveiro de Empresas.

Na actividade participaron un total de 15 persoas, que tiveron a oportunidade de asistir en primeira persoa ás propostas creativas do alumnado. Os menús que elaboraron foron unha ensalada de leituga e tomate con polo asado e mazá, unha crema de legumes con costróns de pan reseso, canelóns de pavo e flan de pan.

Segundo informa o Concello de Boiro, para todas as receitas que se elaboraron empregáronse alimentos doutros menús ou que están a piques de perderse, que, no caso concreto desta experiencia foron polo asado, mazá madura, pan reseso, fabada e tomate maduro. O obxectivo desta actividade consistiu en apostar por xeitos creativos e innovadores de favorecer a economía circular e sustentábel no fogar e nos locais hostaleiros, evitando que alimentos que están en bo estado acaben no lixo xerando unha gran cantidade de desperdicios.

Todos os asistentes ficaron a degustar o menú realizado, elaborado polo alumnado do Obradoiro de Emprego en Hostalería que promove o Concello de Boiro e está financiado pola Xunta de Galicia FSE (Programa Operativo de Emprego Xuvenil 2014-2020). Un curso que comezou no mes de outubro e conta con 16 alumnos, oito na especialidade de Operacións Básicas de Cociña e outros oito na especialidade de Operacións Básicas de Restaurante Bar.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La violencia no cabe en A Coruña”. José Castro López

“La violencia no cabe en A Coruña”. José Castro López

El poeta ourensano Alberto García Ferreiro, contemporáneo de Curros y Pondal, era unadmirador de A Coruña a la que dedicó el poema “Ben te vin” en el que resalta labelleza de la ciudad que pone a nivel del Paraíso celestial después de pedir a San Pedroque no escuche...

“Libros para salir al mundo” – José Antonio Constenla

“Libros para salir al mundo” – José Antonio Constenla

Cuando un autor te deja tan buen recuerdo con sus obras anteriores, uno siempre está dispuesto a seguir leyéndolo. Esto es lo que me pasa a mí con Juan Pedro Delgado Espada, a quien sigo desde aquel Mosquetero del Rey. Ahora he vuelto a disfrutar mucho con sus dos...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.