Este sábado comeza en Boiro a catorce edición do Encontro Arqueolóxico do Barbanza

27 Febreiro 2020
Entrada do Centro Arqueolóxico do Barbanza, organizador do evento que comeza o sábado

Este sábado 29 de febreiro comeza en Boiro a catorce edición do Encontro Arqueolóxico do Barbanza, unha xuntanza de investigadoras e investigadores arredor da importante riqueza patrimonial da nosa comarca en materia de xacementos e, tamén, arredor das posibilidades de estudo, preservación, divulgación e participación que permiten as novas técnicas e tecnoloxías aplicadas a este ámbito de acción. A cita, que vén da man do Centro Arqueolóxico do Barbanza, situado en Neixón, inaugúrase o sábado ás 10.30 horas, na Casa da Cultura de Boiro. A actividade abranguerá o domingo 1 de marzo e a fin de semana seguinte.

O encontro do que forma parte a edición desta finde ten a súa orixe en 2007, cando se puxo en marcha o ciclo para trasladar ao público os resultados dos traballos levados a cabo na comarca do Barbanza. Unha das características fundamentais deste programa é a atención que se lle presta ao arte rupestre e á presentación de investigacións recentes doutras partes de Galicia.

Como dixemos, as actividades realizaranse o 29 de febreiro, durante todo o día; así como na mañá do 1 de marzo, na Casa da Cultura de Boiro, rematando a fin de semana seguinte. Neste senso, o 7 de marzo efectuarase unha visita á Comunidade de Montes de Estacas en Fornelos de Montes co obxectivo de coñecer os traballos arqueolóxicos na Costa do Alén; mentres que o 8 de marzo se procederá cunha visita guiada ao casco urbano de Cuntis para contemplar os vestixios e as termas de orixe romana.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.