Unha nova edición do Encontro Arqueolóxico do Barbanza chega a Boiro

22 Xaneiro 2020

Boiro acollerá a partir do 29 de febreiro a XIV edición do Encontro Arqueolóxico do Barbanza, unha das actividades do Programa de Encontros Arqueolóxicos que desenvolve o Centro Arqueolóxico do Barbanza, situado en Neixón. Ao acto de presentación da programación asistiron o alcalde José Ramón Romero; a concelleira de Cultura, María Outeiral; e o arqueólogo Víctor Barbeito.

Os referidos encontros xurdiron no 2007 coa finalidade de trasladarlle ao público os resultados dos traballos arqueolóxicos levados a cabo na comarca do Barbanza. Con gran acollida entre os asistentes, unha das características fundamentais deste programa é a atención que se lle presta ao arte rupestre e á presentación de investigacións recentes doutras partes de Galicia. Así mesmo, desvelouse que esta edición traerá novas temáticas, tanto foráneas coma galegas.

As actividades realizaranse o 29 de febreiro, durante todo o día; así como na mañá do 1 de marzo, na Casa da Cultura de Boiro, rematando a fin de semana seguinte. Neste senso, o 7 de marzo efectuarase unha visita á Comunidade de Montes de Estacas en Fornelos de Montes co obxectivo de coñecer os traballos arqueolóxicos na Costa do Alén; mentres que o 8 de marzo se procederá cunha visita guiada ao casco urbano de Cuntis para contemplar os vestixios e as termas de orixe romana.

O programa pretende ofrecer unha oferta centrada no eido do patrimonio cultural, ademais de contar cun plan de avaliación recoñecido no ámbito académico pola Universidade de Santiago de Compostela (USC) e no ámbito formativo pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional. No que respecta ás modalidades de matrícula, existen dúas posibilidades: unha libre e gratuíta e outra certificada. Esta última ten un custe de 15 euros, coa que os asistentes reciben a homologación coma curso de formación do profesorado e recoñecemento de créditos para graos ou Programa de Doutoramento da USC.

Outros artigos

Boiro sumou forzas contra o cancro cunha cadea humana no centro da vila

A Asociación Española conta o Cancro de Boiro conmemorou na tarde deste sábado 17 de outubro o Dia Mundial da Loita contra o Cancro de Mama, que se celebra o 19 de outubro, cunha gran cadea humana e a realización dun lazo na rúa peonil de Boiro. Durante estes días o...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

Foto de Javi Bermúdez na Sala Real Acababa de chover e Javi empuxoume con firmesa coas dúas mans para poñerme debaixo dunha pingueira. Unha pinga conxelada caeu serteira no meu lombo pasando áxil a rentes da caluga e da camiseta, sen tocalas. “Agora xa sabes o que se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.