Dodro incorporase “As pegadas de Rosalía”

18 Febreiro 2020

O Concello de Dodro traballa na recuperación da Ruta Rosaliana deseñada, nos anos 80, polo escritor Avelino Abuín de Tembra co obxecto de homenaxear á poeta Rosalía de Castro, referente fundamental da nosa lingua e literatura e poñer en valor aqueles lugares máis singulares que marcaron a súa vida e obra .
Con esta finalidade a Concellería de Cultura e Patrimonio de Dodro incorporouse ao labor iniciado no ano 2017, no marco proxecto “As Pegadas de Rosalía”, polos concellos de Ames, Brión, Santiago e Padrón, que tamén integran a Ruta Rosaliana.
Entre as actuacións previstas no proxecto inclúese a celebración do Día de Rosalía, o 24 de febreiro, coincidindo coa data do aniversario da poeta, mediante a realización de dúas actividades que contarán coa participación do sector hostaleiro de Dodro e coa colaboración da Fundación Rosalía de Castro.
Estas actuacións desenvolveranse de xeito simultáneo e coordenado nos municipios da Ruta Rosaliana, durante a fin de semana do 22 e 23 de febreiro, estendéndose ata o luns 24, Día de Rosalía. Datas nas que os establecementos hostaleiros ofertarán á poboación dúas experiencias, “Café con verso” e “Caldo de Gloria”.
No caso do “Café con verso”, o Concello de Dodro proporcionará aos distintos locais, de xeito gratuíto, unha serie de tarxetas ilustradas coa imaxe da poeta, que recollan algúns dos versos máis significativos da mesma para agasallar ás persoas que realicen unha consumición de café.
O “Caldo de Gloria” é unha actuación inspirada no poema “Miña Casiña, meu lar”, no que a poeta explica como facer un caldo sinxelo. Neste caso, grazas á colaboración coa Fundación Rosalía de Castro, o Concello de Dodro distribuirá entre os establecementos participantes – que ofrezan como tapa un caldo baseado nesta receita – uns salvamanteis de papel, ilustrados co citado poema, para repartires entre a súa clientela.
A Concellería de Cultura e Patrimonio de Dodro traballa na actualidade, dunha banda, na edición duns materiais divulgativos e na actualización da web do proxecto As Pegadas de Rosalía, a fin de visibilizar a importancia do Pazo de Hermida, de Lestrobe e de Dodro na traxectoria vital e literaria de Rosalía de Castro e doutra, coordina novas actuacións xunto co resto dos municipios integrantes da Ruta Rosaliana para o mes de marzo e o mes de
maio, coincidindo coa celebración do Día da Muller e das Letras Galegas.

Outros artigos

O BNG esixe á Xunta a urxente mellora do transporte público en Dodro

O BNG lanzou un comunicado no que esixe á Xunta "a mellora urxente do transporte público de Dodro coa ampliación de liñas e máis bonificacións, en especial para a mocidade". A agrupación demanda ao Goberno galego que cumpra os contidos da iniciativa do BNG de Dodro...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“O de sempre, para non variar: susto ou morte” – Antón Luaces

“O de sempre, para non variar: susto ou morte” – Antón Luaces

Segundo o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, España acadou no recente Consello de Ministros da UE bos resultados no Atlántico e Mediterráneo, de xeito que asegura a viabilidade dos 570 barcos que faenan no Mediterráneo e, no Atlántico, tamén "bos...

“Prácticas caciquís” – José Manuel Pena

“Prácticas caciquís” – José Manuel Pena

Nos últimos tempos, a dereita política española está a preocuparse máis en lanzar trolas e mentiras para tratar de despistar sobre os múltiples casos de corrupción que tiveron, con sentenza firme, e que aínda ten xudicializados. Desde que o sr. Feijóo chegou á capital...