Convocados os exames para manexo das embarcacións de lecer e motos naúticas

15 Febreiro 2020

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou esta semana as datas para a realización dos exames ordinarios teóricos e prácticos para obter os títulos
que permiten manexar embarcacións de lecer e motos náuticas en Galicia. As titulacións para as que se convocan os exames son patrón para a navegación básica, patrón de embarcación de lecer, patrón de iate, capitán de iate e patrón de motos náuticas A e B. Para optar a elas realizaranse exames teóricos e prácticos nos centros oficiais de ensino pesqueiro da Consellería do Mar.
No caso de patrón para a navegación básica, os exames teóricos realizaranse o 11 de maio e o 7 de setembro; as probas teóricas de patrón de embarcación de lecer serán o 12 de maio e o 8 de setembro; e as de patrón de iate realizarase os días 13 de maio e 9 de setembro. Os exames prácticos destas tres titulacións realizaranse o 15 de maio e o 11 de setembro e todas estas probas terán lugar no Instituto Politécnico Marítimo-Pesqueiro do
Atlántico de Vigo e nas Escolas Oficiais Náutico-Pesqueiras de Ferrol e Ribeira.
En relación aos exames de capitán de iate, o teórico reailzarase o 14 de maio e o 10 de setembro, e o práctico terá lugar o 15 de maio e o 11 de setembro. Os exames teórico e práctico de patrón de moto náutica A e B serán o 15 de maio nunha única convocatoria.
Estas probas de capitán de iate e de patrón de moto náutica A e B realizaranse no Instituto Politécnico Marítimo-Pesqueiro do Atlántico de Vigo.
As persoas interesadas en presentarse aos exames teóricos e prácticos deberán solicitar a súa admisión mediante unha solicitude dirixida ao centro oficial de ensino pesqueiro onde realizará o exame. O modelo de solicitude figura como anexo I da resolución que publicou o DOG o pasado xoves. Ademais na resolución poderán consultar os requisitos necesarios e a documentación complementaria que debe presentar coa solicitude. Para a convocatoria de maio poderán inscribirse do 23 de marzo ao 3 de abril, ambos incluídos, e para a de setembro o período de matrícula é do 20 ao 31 de xullo, ambos incluídos.
As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal .
Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes de xeito presencial en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Unha vez publicada a listaxe definitiva de aspirantes aos exames, a Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro nomeará os tribunais para a realización das probas, e indicará as horas dos exames no taboleiro de anuncios do centro de ensino e no portal web de formación da Consellería do Mar.
A continuación móstranse as datas dos exames e os centros onde se efectuarán, tanto na súa convocatoria de maio coma na de setembro. Cabe recordar que, no caso de patrón de moto náutica A ou B, non hai convocatoria de setembro.

Esta semana tamén se publicaron no DOG as datas para a realización dos exames extraordinarios teóricos das titulacións para o goberno de embarcacións de lecer. Estas probas extraordinarias son as que están destinadas ao alumnado matriculado nas escolas de navegación de lecer homologadas. Neste caso hai tres convocatorias e son estes centros
os que se encargan d os trámites para poder presentar ao seu alumnado aos exames.
Para a convocatoria de marzo destas probas as escolas de navegación de lecer poderán inscribir ao seu alumnado desde o próximo luns, 17 de febreiro, ata o 28 de febreiro, ambos incluídos; para a de xullo entre o 25 de maio e o 5 de xuño, ambas datas incluídas, e para a de decembro, o período de matrícula é do 16 ao 27 de outubro, ambos incluídos.


Outros artigos

Poñendo en valor os nosos máis de 2.500 km de costa

A Xunta impulsa o Camiño do Litoral cunha ruta única de norte a sur Alfonso Rueda xunto a un dos sinais identificativos da ruta Galicia conta desde esta tempada estival cun novo proxecto que permitirá a veciños e visitantes desfrutar ao máximo da súa costa ao tempo...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“12 de agosto de 1975”. Xosé González Martínez

“12 de agosto de 1975”. Xosé González Martínez

Sempre tiven curiosidade pola etimoloxía da nosa onomástica. Pero tamén polosalcumes, para coñecer as razóns que os motivaron. De aí que sexa un atento lector dostextos das esquelas que se publican nos xornais.O mes de agosto sempre foi un mes moi festeiro. Por estas...

“El rey ausente” – Manuel Domínguez

“El rey ausente” – Manuel Domínguez

El rey ausente. Los muertos son números que forman parte de una estadística. ¿Números? Si. Si muere en el exterior, es el número del pasaporte, si muere en el hospital en número de la seguridad social, si muere en casa el número del DNI. Los 100 muertos en el mar,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.