CONGALSA, recoñecida nos Premios á Responsabilidade Social Empresarial

19 Febreiro 2020

A Xunta deu a coñecer este mes de febreiro os destinatarios finais dos seus Premios á Responsabilidade Social Empresarial de Galicia, uns galardóns que teñen o obxectivo de mostrar e reivindicar publicamente o labor daquelas empresas que adoptan principios e prácticas de responsabilidade solidaria na súa xestión e na súa actividade diaria. O palmarés final destes recoñecemento tivo unha importante presenta das empresas innovadoras da nosa terra, entre as que se inclúe a pobrense CONGALSA.

O Premio á RSE de Galicia na categoría de pequena empresa foi dar a Tecalis, firma consultora e desenvolvedora TIC con sede en Milladoiro (Ames), e o mesmo galardón na modalidade de gran empresa recaeu en Altia Consultores, con sede en Oleiros centrada en servizos de consultora estratéxica e tecnolóxica, principalmente.

Tamén foron distinguidas, na modalidade de mediana empresa, as firmas Ledisson (especializada en sistemas avanzados de automatización industrial, con sede no Porriño) e a compañía de transporte Empresa Monforte SAU.

O Premio Mención á Conciliación foi dar a CONGALSA, con sede na Pobra do Caramiñal, e centrada en produtos do mar conxelados e moi envorcada en metodoloxías intelixentes de xestión e produción que exportar a todo o sector alimentario galego (en colaboración con Gradiant e a través do proxecto CONGALSA 4.0).

Outros artigos

O filme Salvaxe, Salvaxe proxéctase o 16 de outubro na Pobra

O vindeiro venres 16 de outubro, o Cine Elma da Poboa do Caramiñal acolle a proxección de Salvaxe, salvaxe, película incluída na programación contratada pola Deputación da Coruña dentro do seu compromiso co impulso da cultura e co acceso á actividade cultural nos...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.