Cinco carrozas, dúas comparsas e unha decena de disfraces individuais participaron no desfile do Entroido boirense

26 Febreiro 2020

Boiro celebrou este martes 25 o seu tradicional desfile e concurso de disfraces e carrozas de Entroido, contando coa participación dun total de cinco carrozas, dúas comparsas e unha decena de disfraces individuais. O desfile saíu da praza do Concello, pasando pola rúa peonil e a rúa Principal, volvendo novamente ao punto de saída onde se procedeu coa entrega de distincións.

O xurado, formado por técnicos de Cultura municipais e membros do equipo de goberno, escolleu o mellor de cada categoría e repartiu un total de 3.000 euros en premios. Nos disfraces individuais o gañador foi La gallina turuleca ha puesto un huevo, o segundo recaeu en O moucho das bolsas de plástico, o terceiro foi para ET e o cuarto para Vou na ducha. Na modalidade de comparsas, Son fábula resultaron vencedores, mentres que Comparsa Alegría quedou en segunda posición. Ao presentarse unicamente dúas comparsas, os premios de grupo que quedaron desertos destináronse ás carrozas. Os gañadores desta última categoría foron Os samurais crucenses, seguidos de Magia Cíngara, San Patricio, Circus e Blancanieves.

O Entroido aínda non rematou en Boiro, xa que o 1 de marzo festéxase o Domingo de Enterros en diversos puntos do municipio. Un tren, coa animación musical do grupo Faíscas da Pontraga, sairá ás 12.00 horas de A Cachada para ir ao enterro do Óso, en Abanqueiro; ao da Cunca, en Praia Xardín; e acompañará ao do Felipiño, por Escarabote

Outros artigos

Boiro Novo denuncia a tala de árbores do parque da Cachada

A agrupación Boiro Novo, a través seu concelleiro Xurxo Triñanes, emitiu un comunicado no que denuncia a tala de árbores perpetrada no parque da Cachada, coincidindo coa remodelación do edificio da Casa da Cultura. "Este mércores volvemos ser testemuñas dun novo...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Mis últimas cartas” – Manuel Domínguez

“Mis últimas cartas” – Manuel Domínguez

Mis últimas cartas fueron dirigidas a tres personas. El senador Bernie Sanders, acabo de recibir su biografía 540 páginas de lucha por una sociedad más justa, y lleva así una vida entera. Le he mostrado mi admiración, y animarle a que no desfallezca en esa lucha, él...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.