Boiro Novo oponse novamente á xestión privada da radio municipal

20 Febreiro 2020

Boiro Novo volve pronunciarse no que respecta ao modelo de xestión da radio municipal, a cal leva pechada desde o 2015. A formación apunta que o equipamento técnico está listo desde antes do Nadal, polo que entenden que “se a prioridade fose a reapertura pública da mesma, non hai escusa para que non estea xa funcionando.” Tamén sinalan que os traballadores que estaban á fronte do medio de comunicación foron trasladados a outros departamentos, sen ter constancia de que “iso sexa algo puntual ou vaia a cambiar no futuro, senón máis ben o contrario.”

Así mesmo, Boiro Novo asegura que “o goberno tentounos vender as supostas vantaxes da xestión privada da empresa coa que contactaron, nunha actitude que parecía máis a dun comercial de dita empresa que dun xestor dunha Administración pública.” Neste senso, a agrupación afirma que non descartan a posibilidade de que o executivo local “teña decidido de novo a apoiarse na dereita para tomar esta decisión.”

En relación aos presupostos, dos cales xa anunciaran que non votarían favorablemente de non contemplarse a reapertura da radio nos termos e condicións pactados, inciden en que “para Boiro Novo uns orzamentos que contradigan o pactado na investidura nunca poden ser bos por razóns obvias.”

Por todo isto, a formación recalcou que levan defendendo a reapertura de Radio Boiro desde que foi pechada, pois consideran que “é a única forma de garantir que non sexa un simple medio de comunicación, senón unha ferramenta social para todos os boirenses.”

Conclúen manifestando que “como xa dixemos e vimos demostrando ao longo da lexislatura, estamos dispostos a chegar a acordos sempre que o PSOE non altere, por acción ou omisión, ningún dos mínimos pactados con nós na investidura.”

Outros artigos

Boiro acolleu unha nova edición do encontro Xeografía Empresarial

A Asociación Boirense de Empresas (ABE) acolleu este venres 9 de outubro un novo encontro do proxecto Xeografía Empresarial, que reuniu en formato almorzo e con aforo completo a representantes de 55 empresas para reflexionar sobre o presente e o futuro da industria e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.