Boiro Novo insiste na xestión pública da radio municipal

18 Febreiro 2020

Boiro Novo pronunciouse esta mesma tarde sobre a súa postura no que respecta ao modelo de xestión da radio municipal, a cal leva pechada desde o 2015. A voceira Dores Torrado e Xurxo Triñanes manifestaron que non aprobarán a privatización de Radio Boiro, pois explicaron que vai en contra dun dos acordos comprometidos cando se produciron as negociacións de cara a investidura do candidato do PSdeG-PSOE local, precisando que o seu voto resultou “necesario e imprescindible para que os socialistas tivesen a Alcaldía.”

Neste senso, insistiron en que avogan por un modelo público seguindo a xestión que se tiña anteriormente. Así, consideran que debe ser “unha ferramenta pública e social que queríamos achegar a tódolos boirenses. Se leva a xestión unha empresa privada, en todo caso será un medio de comunicación que abra co nome de Radio Boiro, pero que non terá absolutamente nada que ver coa orixinal, salvo o seu ámbito.” Tamén engadiron que, de seguir así, isto terá consecuencias en relación ao acordos restantes cos socialistas. Un exemplo é o orzamento. Segundo apuntaron, se os presupostos non contemplan a reapertura da radio nos termos e condicións pactados, non votarán favorablemente.

Máis polo miúdo, Dores Torrado lembrou que a traxectoria de máis de vinte anos do referido medio público, destacando o traballo dos seus profesionais e o achegamento á veciñanza que supoñía esta ferramenta de comunicación. Na súa intervención asegurou que a pasada semana lles comunicaran outras alternativas, mais Boiro Novo reafirmouse na súa decisión de que a radio municipal “non era só un medio de comunicación máis, senón que tiña que ser público, aberto e para a cidadanía de Boiro. Iso que entendemos que non pode garantir libremente nin do mesmo xeito un medio de comunicación privado.” Ademais, referiuse a que o goberno municipal gastou máis de 20.000 euros na adecuación das dependencias e adquisición de equipamento, razón pola cal non comprenden que se sopese outro modelo.

Concluíron puntualizando que o goberno aínda non presentou un borrador de presupostos, unha cuestión na que Boiro Novo expresa que se amosaría flexible de cumprirse o escrito no acordo de investidura.

Outros artigos

As mulleres do ámbito social, protagonistas do 8M en Boiro

O Concello de Boiro celebra o 8M coas mulleres do social como protagonistas dun manifesto institucional no que participaron as mulleres de Amicos, BarbanTEA e Aloumiña que reivindicaron os seus dereitos e ratificaron o seu compromiso por unha sociedade mais...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Dios está tristemente enfadado”. Manuel Dominguez III

“Dios está tristemente enfadado”. Manuel Dominguez III

El pastor evangélico Tom Mullins y una veintena de más colegas, todos portavoces de la palabra de Dios. Oran en la Casa Blanca, rodeando al presidente D Trump, y rogando a Dios le dé a Trump, sabiduría para su corazón y su mente. Aquí vemos que Dios no puede hacer...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.