A Policía Local de Rianxo interceptou ao condutor dun quad reincidente en delitos contra a seguridade viaria

17 Febreiro 2020
Cedida por Policía Local de Rianxo

En colaboración coa Dirección Xeral de Tráfico (DXT), a Policía Local de Rianxo participou na campaña de vixilancia e control de camións e autobuses desenvolvida entre o 10 e o 16 de febreiro. Segundo cifras que acaban de dar a coñecer, controláronse un total de 129 vehículos, detectándose 5 infraccións administrativas, as cales foron relativas a documentación do vehículo e outros motivos.

No transcurso de dita campaña tamén se interceptou un quad circulando de forma temeraria polo lugar de A Igrexa-Taragoña. Unha vez se procedeu á súa identificación, os axentes comprobaron que carecía de ITV e seguro obrigatorio en vigor. Así mesmo, o condutor carecía de permiso de condución por perda de vixencia, efectuándoselle tamén a proba de alcoholemia e drogas, ademais de procederse á súa investigación xudicial e instrución de dilixencias policiais e á inmobilización do vehículo.

Segundo manifestan desde o corpo policial, o referido condutor resulta ser multireincidente en delitos contra a seguridade viaria. Engaden que é coñecido na comarca por mofarse das acción policiais e xudiciais en varias redes sociais. Citada persoa debe presentarse ante a autoridade xudicial para un novo xuízo rápido.

Outros artigos

A firma rianxeira D-due gaña o I Premio Luís Seoane de deseño

A firma de moda D-due, con sede en Rianxo, resultou finalmente a gañadora do I Premio Luís Seoane de deseño, convocado polo departamento de Cultura da Deputación da Coruña. As e os integrantes do xurado do premio da Deputación O proxecto que dirixen Charon Froján e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A morte do cadelo”. Luís Celeiro

“A morte do cadelo”. Luís Celeiro

Morreu o seu can, Xambrailo, e aínda anda coa dor no peito, nos ollos mollados, no corazóne na alma. A súa alma é tan grande que o ocupa todo, o que se ve e o que está detrás doque se ve, o de arriba e o de abaixo. El di, con toda a súa sabedoría no falar e con...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.