A ópera Madama Butterfly chega a Rianxo

19 Febreiro 2020

O sábado 14 de marzo, ás 21.00 horas, representarase na Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo, a célebre ópera Madama Butterfly de Puccini. A entrada ten un custo de 20 € (máis gastos de xestión) e pode adquirirse xa en liña nunha ligazón específica de EvenBrite, e tamén chamando ao 618 111 362.

O espectáculo virá da man das e dos integrantes da agrupación PromÓpera, asociación cultural sen ánimo de lucro de gran prestixio e recoñecemento internacional (os seus compoñentes teñen xirado por Europa, Asia e Latinoamérica representando óperas, zarzuelas, concertos ou clases maxistrais de canto).

PromÓpera ten no seu haber as recentes representacións de O elixir de amor (2012: Vigo, Pontevedra e Ourense), Turandot (2012: China-Chengdú), A Traviata (2013: China-Chengdú), Madama Butterfly (2018, 2019 e 2020), A Traviata (2017, 2018, 2019 e 2020), Tosca (2019 en xuño) e Aida (2019 en novembro e 2020 de xira en varias cidades de Galicia), entre outras.

A obra

Madama Butterfly é unha ópera en tres actos de Giacomo Puccini con libreto de Giuseppe Giacosa e Luigi Illica. Segundo se lembra na Galipedia, a orixe da obra está nunha vivencia concreta do autor durante as súas viaxes por Europa, que atopou o tema da súa ópera en Londres en xullo de 1900 na representación da obra do dramaturgo David Belasco (teatralización do conto Madame Butterfly (1898) de John Luther Long.

Outra fonte fundamental de inspiración foi a experiencia vivida polo escritor francés Pierre Loti plasmada por el mesmo na súa novela Madama Crisantemo.

A obra, argumentalmente falando, xira arredor da historia amorosa entre o tenente Pinkerton, da mariña de EE UU, e máis a moza xaponesa Cio Cio San (Madama Butterfly), que é rexeitada pola súa familia por ter contraído matrimonio cun estranxeiro. A súa situación complícase coa desaparición de Pinkerton, do que Cio Cio San non ten novas durante un longo período de tres anos.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El anfiteatro de un pícaro”. José Castro López

“El anfiteatro de un pícaro”. José Castro López

Guardo en una carpeta noticias tan extrañas y sorprendentes que no serían creíbles comoverdaderas si no aparecieran publicadas en periódicos serios. Bueno, pues hace unosdías incorporé a ese peculiar archivo la historia de Franco Malosso, un ciudadano de lasiempre...

“Saúde pública en Europea” – José Manuel Pena

“Saúde pública en Europea” – José Manuel Pena

O beber demasiado alcol, o fumar, o non facer exercicio, o abusar das drogas ou o comer alimentos que nos fan dano, son algunhas das ameazas para a nosa saúde que provén do modo e o estilo de vida de cada un de nós. Resulta extraordinariamente preocupante de que o...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.