A nova edición do Trail de San Isidro (Pobra) recupera camiños en risco de desaparecer

07 Febreiro 2020

Arousa Neo, a Comunidade de Montes de Sanisidro e o Concello da Pobra do Caramiñal presentaron hoxe unha das grandes probas deportivas da tempada, tanto a nivel comarcal como galego. Trátase do Trail de San Isidro (16 de febreiro), segundo lembraron na presentación os responsábeis das ditas entidades “o máis veterano dos circuítos Revolutrion Trail Series”. O acontecemento deportivo, que chega este ano á súa sexta edición, vén con novidades importantes. De feito, os organizadores déronlle unha volta ao itinerario para que as e os participantes poidan percorrer novos camiños e descubrir novas paraxes (e paisaxes) naturais: camiños que “estaban esquecidos ou a piques de desaparecer, pero que este mes de febreiro volverán cobrar vida”, segundo informaron.

O Trail de San Isidro, un dos percorridos máis duros do circuíto de Trail Series, inclúe este ano cunha suba ao monte Salgueiro, que se inicia xusto despois de pasar polo río Lérez (un ascenso ao petón do Vento, o punto máis alto, dende o punto máis baixo do percorrido).

Será o roteiro máis curto dos cinco previstos nas Revolutrion, pero, con todo, o que máis desnivel positivo pon en xogo.

Características técnicas

• Distancia: 13,4 km.

• Desnivel+: 795 m+

• Hora saída: 11:00 h.

• Tempo Máximo: 2:15 h.

• Tempo de corte: 1:25 h no km. 8,5

• Avituallamento Intermedio: km. 8,5

• Meta volante: km. 1,5

• Lugar de saída: Praza de San Isidro – A Pobra do Caramiñal

• Prezo: 10 €

• Inscricións: 2/1/2020 – 12/2/2020

Inscricións

As inscricións estarán abertas o mércores día 20 a través da plataforma de inscrición habilitada na web www.trailseries.run e na que tamén se pode atopar o regulamento e toda a información puntual sobre esta actividade. Como dixemos, organiza Arousa Neo e conta coa colaboración da Comunidade de Montes de Sanisidro e o Concello da Pobra do Caramiñal.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Ketty Garat, periodista de año” – José Castro López

“Ketty Garat, periodista de año” – José Castro López

La elección de la ferrolana Ketty Garat como mejor periodista del año 2025 por parte de la Asociación de la Prensa de Madrid no es solo un reconocimiento a su actividad profesional impecable, es también una reivindicación del periodismo de investigación, esencial para...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.