Un showcooking ensinará aos boirenses a aproveitar as sobras de cociña

24 Xaneiro 2020

O Departamento de Medio Ambiente de Boiro organiza para o 6 de febreiro un showcooking focalizado no aproveitamento de sobras de cociña e que realizará o alumnado do Obradoiro de Emprego en Hostalaría Boiro III, o cal se imparte no viveiro de empresas situado no polígono industrial de Espiñeira.

A referida acción márcase un dobre obxectivo: ensinar aos asistentes que menús se poden realizar empregando as sobras e xerar así os menores desperdicios posibles; ademais de que o alumnado aprenda sobre a importancia da selección de ingredientes e a redución de residuos derivados de cociñar. Ao remate, os presentes procederán a desgustar o menú realizado e servido polo alumnado do nomeado taller.

Dita actividade ten un aforo limitado a 20 prazas, polo que se precisa inscrición previa no Rexistro Xeral do Concello a partir do luns 27. As prazas iranse completando por orde de entrada.

O Obradoiro de Emprego en Hostalaría Boiro III está financiado pola Xunta de Galicia e a FSE (o Programa Operativo de Emprego Xuvenil 2014-2020). O curso comezou no mes de outubro e conta coa participación de 16 persoas, 8 na especialidade de Operacións Básicas de Cociña e outras 8 na de Operacións Básicas de Restaurante Bar. 

Outros artigos

A Boliña (Boiro) celebra este sábado o seu magosto

O Campo de Revelar (A Boliña, Boiro) vai acoller este 7 de novembro a celebración do magosto popular da Boliña. Será unha cita participativa para veciños e visitantes que dará comezo ás 18.00 horas do sábado. Haberá celebracións gastronómicas con castañas e viño e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Xuíces e autos xudiciais” – José Manuel Pena

“Xuíces e autos xudiciais” – José Manuel Pena

Hai bos xuíces, profesionais e valentes que cumpren coas súas obrigas. Un deles, sen dúbida, é Borja Pérez, titular do Xulgado Número 2 de Ribeira. Dita un auto xudicial polo cal suspende o lanzamento dunha familia vulnerable de Ribeira, en aplicación do novo RDL...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.