Remata o Campamento de Nadal de Boiro cunha visita ao Concello

03 Xaneiro 2020

O Concello de Boiro clausurou este venres 3 de xaneiro o seu Campamento de Nadal, organizado a través da Concellería de Cultura co obxectivo de fomentar a conciliación familiar durante esta tempada festiva (ou sexa, favorecer alternativas formativas, lúdicas e divertidas para o tempo de lecer das rapazas e rapaces do concello). No campamento, que foi de balde, participaron 75 nenos e nenas entre 3 e 11 anos.

Este venres fixeron acto de presenza no peche da actividade cunha visita ao salón de plenos do Consistorio, onde os recibiu o alcalde, José Ramón Romero, quen lles mostrou o funcionamento do concello e se interesou polas súas opinións e propostas en materia de política local e acción xuvenil.

Ao longo do tempo en que ficou operativo o campamento, as nenas e nenos participaron en actividades e xogos vencellados directamente a estas datas do Nadal, como obradoiros de cociña, bolas de neve, creación dun apalpador articulábel, elaboración de adobíos e tarxetas de Nadal, etc. Asemade, fixeron xogos musicais, deportivos, de mesa e con distintos elementos para fomentar a cooperación e o traballo colectivo.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...