Comeza o Campamento de Nadal boirense con 75 cativos inscritos

23 Decembro 2019

O Campamento de Nadal que organiza o Concello de Boiro arrancou esta mañá co obxectivo de facilitar a conciliación. Nesta ocasión, conta coa participación dun total de 75 crianzas que durante estas semanas non teñen clase debido ás vacacións propias desta época. Así, este servizo comezou hoxe co obradoiro Pido, pido… con sentidiño promovido pola Oficina de Consumo de Boiro (OMIC), no que os máis cativos aprenderon a importancia de pedir agasallos con responsabilidade no Nadal.

Este campamento desenvolverase nas mañás dos días 23, 24, 26, 27, 28 e 30 de decembro, así como o 2, 3 e 4 de xaneiro, en horario a escoller polas familias: de 09.30 a 13.30 horas ou de 11.30 a 13.30 horas. Os cativos inscritos farán xogos musicais, deportivos, de mesa e outras actividades cooperativas e de participación. Tamén se divertirán con manualidades tales coma aprender a facer tarxetas e adornos de Nadal ou obradoiros de cociña, entre outras.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Libros para salir al mundo” – José Antonio Constenla

“Libros para salir al mundo” – José Antonio Constenla

Cuando un autor te deja tan buen recuerdo con sus obras anteriores, uno siempre está dispuesto a seguir leyéndolo. Esto es lo que me pasa a mí con Juan Pedro Delgado Espada, a quien sigo desde aquel Mosquetero del Rey. Ahora he vuelto a disfrutar mucho con sus dos...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.