Portos de Galicia, Confraría e bateeiros analizan as necesidades do peirao da Pobra

10 Xaneiro 2020

A presidenta de Portos de Galicia, Susana Lenguas, mantivo esta semana unha xuntanza con representantes da confraría e do sector bateeiro da Pobra do Caramiñal, durante a cal analizaron a necesidade de realizar reparacións nos pantaláns do peirao para mellorar o servizo aos usuarios. En relación a isto, Lenguas trasladoulles a previsión de acometer reparacións puntuais para atender as necesidades urxentes e de licitar neste ano as actuacións de maior envergadura. Estas incluirán, entre outras, a restitución completa do pavimento dos pantaláns de terceira e cuarta lista, a instalación de torretas de subministro de auga e electricidade, a mellora do alumeado, a eliminación dos fondeos dos finguers e a redistribución de prazas de amarre para adaptalas ás embarcacións actuais.

Así mesmo, abordouse a dragaxe do peirao para favorecer o calado das embarcacións, apuntando a dirixente do ente autonómico que, na súa tramitación, tamén se incorporará a dragaxe do porto comercial.

Outro dos asuntos tratados na reunión foi o relativo á seguridade nas instalacións portuarias. Susana Lenguas sinalou que Portos de Galicia está analizando a viabilidade de posibilidades como a videovixilancia a nivel global. Ademais, falouse doutras cuestións relacionadas co aparcamento de vehículos, a permeabilidade do porto comercial e a regulación do tráfico no peirao.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.