Podemos A Pobra celebra este xoves unha asemblea aberta comarcal e galega

16 Xaneiro 2020

Podemos A Pobra vai organizar este xoves 16 de xaneiro unha asemblea aberta na devandita localidade do Barbanza. A cita, celebrarase na Aula de Estudio emprazada no andar superior da Biblioteca Municipal, a partir das 20.00 horas.

Na reunión prepararanse as liñas traballo para encarar os principais desafíos que se derivan da nova lexislatura estatal e das cada vez máis próximas eleccións autonómicas galegas. “Este ano que comeza”, informa a agrupación, “preséntase cargado de retos importantes que debemos afrontar colectivamente”.

Como dixemos, un dos puntos principais da xuntanza será afondar na materia pendente política que lles toca máis de preto ás galegas e galegos: o desafío de propiciar un cambio de goberno en Galicia e “pór fin a unha década perdida para a nosa terra”, sinalan.

A asemblea deste 16 de xaneiro, un espazo de encontro e debate “para seguir avanzando na consecución dos grandes obxectivos do cambio”, contará coa presenza de representantes de Podemos Galicia.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“OTAN o NATO”. Manuel Dominguez III

“OTAN o NATO”. Manuel Dominguez III

¿Para qué sirve? La OTAN, Organización del Tratado Atlántico norte, se creó para que la unión de occidente europeo y norte de América, pudieran defenderse mutuamente si uno de los países fuese atacado, por otra potencia, léase Rusia. El problema surge cuando tenemos...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.