Paco Nogueiras estará este venres na Carpa dos Soños de Boiro con Radio Bulebule

02 Xaneiro 2020

O cantautor, showman e home-orquestra Paco Nogueiras volve este venres a Boiro para celebrar a recta final do Nadal con nenos e maiores. Farao novamente coas cancións que compoñen os seus máis recentes traballos discográficos, Brinca Vai! e Radio Bulebule, dous dos fitos máis destacados (por éxito de público, de crítica e de vendas) da nosa historia musical recente. A cita deste venres será ás 19.15 na Carpa dos Soños instalada na praza do Concello.

O espectáculo centrarase principalmente nas cancións que compoñen o disco-libro Radio Bulebule, unha homenaxe á rica tradición comunicativa e informativa do medio radiofónico, servida a través dunha serie de éxitos musicais con cadansúa cuña de presentación. Os temas de Radio Bulebule, publicado por Kalandraka, dispóñense a xeito de grella de programación e inclúen cancións tan destacadas como Éxito vogal ou a que dá titulo ao disco.

Sobre o autor

Nado no 1970 en Santiago de Compostela, Paco Nogueiras é diplomado en Graduado Social, músico e actor. Tras formarse cos artistas Andrés Pazos e Fabio Mangolini, impartiu clases de teatro e dirixiu representacións en entidades culturais e escolas. Foi actor e percusionista de Els Comediants e Os Quinquilláns. Na actualidade forma parte da Orquestra Os Modernos, da compañía Os Tres TENedORES e da Campaña de Animación á Lectura da editorial galega Kalandraka. Ten participado en formacións de música tradicional e foi creador da banda sonora de varios espectáculos teatrais, musicais, de danza e dunha serie infantil da TVG. Ten colaborado con Ophiusa e co proxecto Apego.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

Soy un ciudadano de a pie, que no entiendo el organigrama gubernativo. Cierto que me siento con el derecho de considerar que los que ostentan algún tipo de cargos deberían tener los estudios oportunos, y no simplemente facilidad para comunicarse entre ellos y para...

“Sánchez y la fuerza del amor” – José Antonio Constenla

“Sánchez y la fuerza del amor” – José Antonio Constenla

Hay amores que mueven montañas y otros que, a juzgar por lo visto en Fuenlabrada, aspiran a mover algo más delicado: la opinión pública. Pedro Sánchez y Begoña Gómez se besan, bailan y se dedican un “Que lo escuchen, te quiero” ante los asistentes a un mitin del PSOE....

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.