O PSdeG-PSOE ribeirense mantén o seu posicionamento en relación á xestión da EDAR

10 Xaneiro 2020

O PSdeG-PSOE de Ribeira vén de emitir un comunicado no que se pronuncia sobre as declaracións feitas polo alcalde Manuel Ruiz na xornada de onte ao respecto da xestión da EDAR. A formación considera que debe opoñerse ao igual que fixeron no pleno extraordinario do 30 de decembro.

En primeiro lugar esgrimen que debía ser Augas de Galicia a cal correse co gasto que orixinase a obra “en tanto esta non sexa recepcionada polo Concello, cousa que non debe suceder ata que se aprobe a auditoría externa.” Ademais, propoñían que, unha vez recepcionada a infraestrutura, debería ser o Concello o que a xestione a través da creación dunha Entidade Pública Empresarial (EPEL), acometendo nun futuro próximo ao 2025, a xestión completa do ciclo da auga, polo que suxerían que o Departamento Xurídico municipal iniciase os estudos técnicos pertinentes de cara a instaurar unha EPEL.

Na argumentación do seu posicionamento figura que, no seu día, proxectouse e aprobouse un deseño que, baixo o punto de vista dos socialistas, “non é o adecuado para Ribeira. Un tanque de tormenta en Galicia non pode desbordar en agosto. Algo está mal deseñado.” Engaden que a obra se executou baixo a vixilancia dos técnicos da Xunta “co resultado de que antes de entrar en funcionamento xa hai que facer dúas intervencións para evitar olores e vertidos incontrolados ao río.”

Agora, sinalan, “sen proporcionar os datos da auditoría externa esixida polo pleno, chega á présa e hai que facerse cargo da obra”, algo co que apuntan non poder estar de acordo.

Os socialistas precisan que debe ser o PP, a nivel de Xunta e de Concello quen cargue coa responsabilidade “dunha obra mal deseñada, mal dimensionada e mal executada.” Tamén mencionan que algúns dos membros que integran actualmente o PBBI, no seu momento formaban parte do Executivo ribeirense, votando e aprobando a execución da referida infraestrutura.

Neste senso, o PSdeG-PSOE expresa que “pretenden cargar as súas exclusivas responsabilidades nos demais, cousa na que, insistimos, non estamos de acordo. Que os bombeos, que funcionan con enerxía eléctrica, non ían ser gratis sabiámolo todos (parece ser que os membros do PBBI o descobren agora e falan de tarifazo), pero a nosa alternativa foi desatendida.”

Outros artigos

Ribeira renova a súa distinción como Cidade da Ciencia e a Innovación

Ribeira é unha das 17 cidades Innpulso que renova a súa distinción de Cidade da Ciencia e a Innovación por apostar por políticas locais innovadoras nos seus territorios. No caso ribeirense, o galardón atópase na categoría de municipios de 20.001 a 100.000 habitantes;...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“OTAN o NATO”. Manuel Dominguez III

“OTAN o NATO”. Manuel Dominguez III

¿Para qué sirve? La OTAN, Organización del Tratado Atlántico norte, se creó para que la unión de occidente europeo y norte de América, pudieran defenderse mutuamente si uno de los países fuese atacado, por otra potencia, léase Rusia. El problema surge cuando tenemos...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.