O BNG da Pobra demanda a limpeza e adecuación nas zonas rurais

29 Xaneiro 2020

O grupo municipal do BNG pobrense levará a pleno unha moción relativa á demanda de limpeza de regos e cunetas das vías e estradas rurais. Segundo expoñen, as zonas rurais do municipio padecen desde hai tempo “un abandono por parte dos diferentes gobernos que houbo neste concello”, sostendo que o actual executivo local continúa nesa mesma liña “sen prestarlle atención aos veciños e veciñas que viven nelas e sen atender as súas demandas.”

Neste senso, a formación nacionalista indica que no mes de setembro se presentou unha moción respecto ao estado “de falta de limpeza en varias zonas urbanas e rurais”, solicitándolle ao equipo de goberno unha limpeza xeneralizada, tanto no casco urbano coma no rural. Así, sinalan que non se efectuou tal medida a pesar da súa aprobación.

Agora, en pleno inverno, manifestan que a falta de limpeza en diversos núcleos rurais -Lesón, Ouxo, Vilariño, Banda, Baltar, Poza de Moraña e Cruceiro Novo, entre outros- provoca unha serie de prexuízos para a veciñanza coma, por exemplo, zonas de tránsito asolagadas, estradas con fendas, marquesiñas con silveiras, contedores sen fixación ou muros derrubados. Así, consideran que “mostra evidente do desleixo co que se trata o rural é esta reiterativa moción, que ano tras ano traemos ao pleno.”

Por todo isto, o BNG propón uns acordos nos que figura que o goberno municipal limpará e adecuará as cunetas, regos, rexistros e demais elementos do sistema de recollida de pluviais, nomeadamente nas zonas rurais; ademais do establecemento dun programa de saneamento e limpeza de cunetas e regos que evite o asolagamento de rúas, estradas, camiños e fincas.

Lugar de Ouxo
Lugar de Ouxo

Outros artigos

Máis de 30 persoas participan nas xornadas do Premio Emprende-Co Pobra

O Concello da Pobra do Caramiñal celebrou os días 1 e 9 de xuño dúas sesións informativas sobre o Premio Emprende-Co Pobra, unha iniciativa municipal de apoio ao emprendemento e á dinamización do comercio local impulsada pola área de Promoción Económica co respaldo da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Sobre el Papa León XIV” – Manuel Domínguez

“Sobre el Papa León XIV” – Manuel Domínguez

El Papa León XIV, presidente de la Ciudad del Vaticano. Solo datos, no opinion Nos habla con palabras de amor, de la dignidad, del derecho de los oprimidos, de atender y dar protección a quienes buscan un futuro en Europa que en sus países no tiene. El pontífice, que...

“Sobre el Papa León XIV” – Manuel Domínguez

“El viejo cura de aldea” – Manuel Domínguez

El viejo cura de aldea. ¿Le conocí? Don Juan era un sacerdote muy apreciado por los niños, muchos se turnaban para ser monaguillos. Ciertamente alguna tarde solía repartir algún caramelo entre los niños buenos y los no buenos eran buenos, tal vez traviesos. El maestro...