O BNG boirense require a creación dunha ordenanza que regule a concesión de achegas a entidades

20 Xaneiro 2020

O grupo municipal do BNG de Boiro levará a pleno a elaboración dunha ordenanza que regule a concesión de subvencións públicas a entidades e persoas a título individual, pois consideran que o Concello “conta desde hai tempo cunha importante eiva que favorece a falta de transparencia e control das axudas públicas nominativas.” Neste senso, refírense á falta dunha ordenanza municipal que “de forma clara e con criterios obxectivos determine as condicións que deben rexer as concesións de subvencións por parte do goberno municipal.”

Tamén sosteñen que “vén sendo unha práctica habitual” que a concesións das referidas achegas a eventos festivos, deportivos ou sociais se determinen “de forma unilateral polo equipo de goberno, cando non polo concelleiro/-a con competencia na materia.” Deste xeito, apuntan que “en moitas ocasións, non obedecen a criterios obxectivos e supoñen un agravio comparativo con outros eventos idénticos e/ou de similares características”, razón pola cal entenden que resulta “inxusto” e “priva dun control efectivo ao resto dos grupos que compoñen a corporación municipal.”

Así, o Bloque manifesta que a transparencia e o control “deben rexer a acción de toda Administración pública, fomentando deste xeito unha maior credibilidade da cidadanía nas institucións que a representa.”

Por todo isto, instan ao goberno municipal a que proceda a elaborar, previa constitución dunha comisión de traballo integrada por técnicos e cargos políticos, unha ordenanza que “fixe os criterios obxectivos que deben rexer a concesión de subvencións e/ou axudas públicas vinculadas ao ámbito deportivo, asociativo e social do noso Concello.” Engaden que a ordenanza debe estar aprobada con antelación á entrada en vigor dos próximos orzamentos municipais, “nos que con claridade se debe contemplar a cantidade total que nos mesmos se vai a destinar á concesión de subvencións e/ou axudas económicas a entidades ou persoas individuais do noso municipio.”

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“A españolidade dos saharauís xa é oficial” – Antón Luaces

“A españolidade dos saharauís xa é oficial” – Antón Luaces

O Congreso dos Deputados aprobou  -medio século dempois da ocupación do Sáhara Occidental por Marrocos- a nacionalización de saharauís, feito que se produce en plena polémica co país norteafricano. A medida pode afectar/beneficiar a aproximadamente 80.000 persoas e os...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.