O BNG acada un acordo unánime para o tratamento en terra dos lodos do Lérez

16 Xaneiro 2020
Cedida

Luís Bará, deputado do BNG no Parlamento de Galicia, defendeu unha proposición non de lei, na comisión de Medio Ambiente, para desbloquear o proxecto da retirada e tratamento dos lodos contaminantes da dragaxe da canle do río Lérez. Bará indicou que o acordo aprobado por unanimidade no Parlamento galego, no mes de xuño, “non se está a cumprir”, polo que pediu o seu desbloqueo e iniciar un estudo que inclúa os custes.

O deputado do BNG denunciou os “máis de dez anos liando o palangre por parte do Partido Popular”, o cal, segundo afirmou, continúa “buscando escusas” para non executar o proxecto, engadindo que eses lodos “non poden ir para calquera lugar e menos para o mar.” Bará recriminou que a Xunta utilice o mar “como un vertedoiro no que cabe todo tipo de residuos” e cualificou como “disparatada” a medida de depositar os vertidos nun punto próximo á illa de Sálvora, unha disposición rexeitada polo sector pesqueiro e marisqueiro de Arousa. Así, o deputado do BNG incidiu en que a solución pasa polo “tratamento en terra.”

Bará reiterou que no acordo parlamentario “o Parlamento instaba á Xunta a elaborar, conforme a normativa vixente e ás directrices existentes respecto deste tipo de actuacións, unha proposta alternativa e sustentable para o depósito de materiais procedentes do dragado do río Lérez, de tal forma que se garante que estes non afectarán a ningunha das rías galegas, en especial á ría de Arousa.” Tras o acordo unánime acadado no Parlamento, Bará anunciou que o BNG estará “moi vixiante e exixente” para o seu cumprimento coa máxima axilidade, ademais de insistir no peche definitivo da posibilidade de “verter as lamas nalgunhas das rías nin preto de Sálvora”, polo que remarcou o tratamento en terra como única alternativa.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.