Nova visita teatralizada pola Pobra da man de Serafín Marcos

16 Xaneiro 2020

Con motivo da iniciativa ‘O teu Xacobeo’, Serafín Marcos volve á Pobra do Caramiñal cunha nova visita teatralizada. Baixo o título A Pobra Xacobea, percorreranse diversos emprazamentos da vila que gardan relación co camiño. Deste xeito, anticípase o Xacobeo 2021 cunha programación social e cultural que se desenvolverá en toda a xeografía galega durante o 2020, tal e como sucedeu no 2019.

A actividade celebrarase o domingo 19 a partir das 12.30 horas, establecendo como punto de encontro os xardíns Valle-Inclán.

Para máis información ou resolver dúbidas, os interesados poden dirixirse ao teléfono 687482835.

Outros artigos

Chega unha nova edición das xornadas “A Pobra no Tempo”

Historia, patrimonio e cultura volverán centrar as xornadas A Pobra do Caramiñal no Tempo, que celebrarán a súa oitava edición os días 26 e 27 de setembro. As xornadas reunirán diferentes especialistas para achegar á cidadanía investigacións, episodios e figuras...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.