Mar destina máis de 400.000 euros en axudas ás federacións de confrarías de pescadores

22 Xaneiro 2020

A conselleira do Mar, Rosa Quintana, enxalzou hoxe o papel que desempeñan as federacións galegas e provinciais de confrarías de pescadores na representación tanto das 63 entidades existentes en Galicia coma dos seus profesionais. Neste senso, salientou a importancia de apoiar o seu funcionamento e a mellora da súa competitividade. Con ese obxectivo, destacou, as catro federacións existentes en Galicia -a galega e as provinciais da Coruña, Lugo e Pontevedra- beneficiaranse este ano de máis de 400.000 euros en axudas para afondar nas súas capacidades de comunicación e representación e reforzar o seu papel para avanzar na coxestión do medio mariño.

A representante da Xunta lembrou durante a sinatura duns acordos de colaboración entre a Consellería do Mar e as federacións galegas e provinciais da Coruña e Pontevedra -o convenio con Lugo asinarase nos vindeiros días- o labor destas entidades no coidado dos recursos pesqueiros e marisqueiros e na defensa do futuro do sector, polo que defendeu a necesidade de apoiar o seu traballo.

Os convenios rubricados hoxe pola directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Susana Rodríguez, e os presidentes das tres federacións adoitan subscribirse tódolos anos e son para facer fronte a gastos correntes derivados do seu funcionamento, o que permite atender gastos tales coma a contratación de persoal, arrendamentos ou reparacións, entre outros. A partida deste ano dirixida a este apartado para as catro federacións ascende a 336.000 euros.

A estes acordos de colaboración súmanse outros que están en tramitación -materializaranse nos próximos meses- e dos que se benefician tamén as catro organizacións de confrarías para o desenvolvemento de accións que melloren a competitividade da actividade marítimo-pesqueira. Os 75.000 euros destinados a esta partida permiten apoiar accións coma a implantación de novas tecnoloxías para facilitar a actividade das federacións ou a organización de cursos e xornadas temáticas de interese do sector.

A conselleira do Mar subliñou que estes acordos buscan afianzar a cogobernanza e a coxestión do medio mariño entre a Administración e o propio sector co obxectivo de que esa unidade de acción contribúa a facer de motor do sector pesqueiro e garantir o seu futuro.

Por outra banda, a estas colaboracións súmanse outras anuais coma as que a Consellería do Mar mantén coa Federación de Redeiras O Peirao para sufragar tamén os gastos correntes da entidade e a mellora da súa competitividade. O apoio á federación de redeiras ascende este ano a 13.000 euros e o primeiro deses convenios de colaboración, o de gastos derivados do seu funcionamento, asinarase nos próximos días.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.