Completada a dixitalización da rula de A Pobra pola Xunta

06 Xaneiro 2020

A lonxa de A Pobra do Caramiñal xunto a outras trece de Galicia xa dispoñen da plataforma tecnolóxica única que integra os sistemas de xestión, poxa, comercialización e emisión de notas de venda. Son as catorce primeiras lonxas nas que se completa a iniciativa Primare Lonxas 4.0 para a dixitalización das rulas, impulsada pola Amtega e a Consellería do Mar.
Desde o arranque da nova solución xestionáronse na plataforma máis de 38.000 lotes, que supuxeron mais de 1.330 toneladas de produtos do mar por un importe de venda superior aos 3,3 millóns de euros.
No 2020 está previsto continuar estendendo a implantación do sistema e continuar traballando no desenvolvemento de novas funcionalidades e na mellora das infraestruturas e equipamento tecnolóxico.
Solucións de comercialización e xestión As lonxas nas que se completou a dixitalización teñen acceso nesta plataforma a unha nova solución de comercialización, que lles permite obter información de xeito automático da identificación, clasificación e pesada das capturas descargadas na lonxa para a súa poxa nas distintas modalidades e emitir os documentos relacionados coa comercialización dos produtos.
O novo sistema de xestión da actividade da lonxa e da confraría facilítalles a tramitación da contabilidade, da facturación, do pago de impostos coas distintas administracións e a xestión social da entidade (censo, información de interese, etc.).
A iniciativa Lonxas 4.0 abrangue tamén a dotación de equipos tecnolóxicos como pantallas de poxa, servidores, smartphones, equipamento que facilite a comunicación con básculas e etiquetadores, etc.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un jarro de agua fría” – Manuel Domínguez

“Un jarro de agua fría” – Manuel Domínguez

La pregunta me cayó como un jarro de agua fría. ¿Mamá tú también te vas a morir? El abuelito, para él era dios, era todo, era su mejor juguete, le adoraba, pero un día el abuelo marchó, ya nunca más jugarían juntos. La pérdida era dolorosa, y si perdiese a su mama,...

“Pasaba por aquí, da man de Tanxugueiras” – Antón Luaces

“Pasaba por aquí, da man de Tanxugueiras” – Antón Luaces

Hei confesar -e confeso- que o canto do grupo galego Tanxugueiras ten para min, que gozo coas boas voces no eido musical, un atractivo moi especial. Particularmente a canción titulada "Pasaba por aquí", interpretada en castelán, que non é propia delas senón de Luis...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.