A Carpa dos Soños remata a súa andaina este sábado con agasallos e música

03 Xaneiro 2020
Cé Orquestra porá o colofón musical ao espazo de lecer boirense

A Carpa dos Soños de Boiro, o centro neurálxico das celebracións deste Nadal no concello boirense, vai pechar este sábado as súas actividades. E farao ao grande: con agasallos e música, a partir das 19.00 horas.

Segundo informa o Concello, na cita de clausura sortearanse finalmente os agasallos da Asociación Boirense de Empresarios (ABE) entre todas as cartas depositadas na caixa de correos para os Reis de Magos. A continuación, sobre as 19.15 horas, está prevista a actuación de Cé Orquestra Pantasma a xeito de colofón musical de dúas semanas plenas de actividades de lecer e conmemorativas.

A Carpa dos Soños abriu as súas portas o sábado 21 decembro, coa actuación do combo de guitarra da Escola de Música de Boiro. Durante os días en que ficou aberta acubillou mancheas de actividades para os máis cativos, a través da súa ludoteca e de numerosos espectáculos e actuacións. Por exemplo a obra Cociñando Música da man de Capitán Garfo, a visita do Apalpador itinerante, o espectáculo de Circo Chosco (Riscando o ceo), Superhate de Patty Diphusa ou as cancións do libro -disco Radio Bulebule de Paco Nogueiras (que volveu a Boiro logo da súa exitosa actuación o pasado verán). No que respecta á ludoteca, a súa actividade arrancou o 23 de decembro da man do Concello e a Asociación Boirense de Empresarios (ABE).

Outros artigos

Este sábado 12 comezan as Festas do Carme de Cabo de Cruz

Esta fin de semana e boa parte da semana que vén celébranse en Cabo de Cruz (Boiro) as Festas do Carme edición 2025, unhas celebracións na honra da patroa da xente do mar, a Virxe do Carme, que xunta actividades relixiosas, culturais e festeiras e que este ano vén cun...

+

Este sábado celébrase o XXXV Festival Folclórico de Escarabote

Este sábado 12 de xullo vaise celebrar a XXXV edición do Festival Folclórico de Escarabote, a partir das 21.00 horas, no porto da dita vila mariñeira. A cita, unha reivindicación da música, o baile e a cultura tradicionais da nosa terra, será organizada pola AC Pedra...

+

Publicidade

Castiñeiras

Revista en papel

Opinión

“Virginio Fuentes Martínez” – Xosé González Martínez

“Virginio Fuentes Martínez” – Xosé González Martínez

En certa ocasión alguén con boas intencións presentoulle o Gobernador Civil de Lugo, un personaxe de ortodoxo perfil franquista, ao escritor Ánxel Fole. O noso gran escritor, tendeulle a man como se adoita facer cando non temos simpatía pola persoa presentada, ao...

“Cuando hacer el bien, genera tragedia” – Manuel Domínguez

“Cuando hacer el bien, genera tragedia” – Manuel Domínguez

Muchas veces el silencio mata. Han sido muchos los que en la II guerra, salvaron del holocausto a muchas vidas judías, Schindler, el español conocido como ángel de Budapest, Wallenberg, o el portugués Sousa Méndes. Todos ellos hacían el bien, por el bien, por...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.