Os produtores de mexillón de Rianxo celebran o produto cunha nova ruta de tapas

04 Decembro 2019

A Asociación de Produtores de Mexillón de Rianxo (ASPROMERI) vai facer nesta ponte da Constitución unha intensa promoción do seu produto estrela. Farao a través dunha ruta de tapas (a nova edición do itinerario gastronómico Escuncha o mexillón) por 13 locais da hostalería rianxeira. O obxectivo: promover o molusco-bivalvo (poñendo o foco nos consumidores e tamén no sector hostaleiro) e fomentar o seu consumo ao tempo que se dinamiza o sector durante a festividade dupla desta fin de semana. O terceiro obxectivo non é outro que pór en valor o traballo dos 142 socios que integran a asociación, unha entidade que xestiona máis de 200 bateas na ría de Arousa.

A ruta vaise celebrar os días 6, 7 e 8 de decembro e os locais hostaleiros participantes deberán servir tapas co mexillón como principal ingrediente. Para iso poderán contar con 50 quilos de produto, parte do cal será financiado por ASPROMERI.

Segundo explica a asociación, cada local poderá servir unha ou varias tapas e estas poderán ser elaboradas con máis ou menos complexidade de xeito que algunhas serviranse de balde coas consumicións dos clientes e outras poñeranse a disposición daqueles que desexen probalas a un prezo de 2 € .

Os locais sinalizarán con carteis específicos se dispoñen de tapas gratuítas, tapas a 2 € ou ámbalas dúas.

A través da páxina de Facebook Escuncha o mexillón poderase obter máis información sobre esta ruta de tapas.

Locais participantes

Café Bar A Lareira

Café Bar Refugio

Restaurante Don Pancho

Café Bar Nova Era

Cafetería Braisa

Restaurante Feliciano

Café Bar O Costillar

Cafetería Castelao

Restaurante O Taberneiro

Café Bar O Paseo

Cervexería Memphis

Café Bar Plaza

Parrillada Ourense

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Siete días vibrantes”. Mario Clavell

“Siete días vibrantes”. Mario Clavell

He visto el despegue del Falcon que el rey de España ha prestado al Papa para su vuelta a Roma. Y he pasado docenas de horas de la última semana viendo, oyendo y leyendo imágenes y textos nunca antes vistos u oídos: ¿con cuales quedarme para redactar esta columna...

“El gato de Cabo Verde” – Manuel Domínguez

“El gato de Cabo Verde” – Manuel Domínguez

El gato de Cabo Verde Cuarenta 40 años, imparable. Mi análisis, previo y post partido difiere de todos los comentaristas. España jugo bien, oportunidad de gol incluso toco el palo, manejo el balón un 80 % del tiempo. ¿Entonces como no marco un gol? Siempre que la...