O Nadal de Ensoño boirense disporá dun mercado con nove postos de artesanía

23 Decembro 2019

Boiro inclúe na súa programación de Nadal un mercado propio destas datas conformado por nove postos de artesanía, sete dos cales contan co distintivo Artesanía de Galicia, ofrecendo produtos diferentes coma, por exemplo, bonecos de trapo, complementos de festa, decoración, cerámica, ilustración, bisutería ou roupa. Ademais, haberá un dous postos destinados á gastronomía: un con doces típicos desta época e outro de cervexas artesáns.

Baixo o nome Factoría das Raíñas, os postos que van participar nesta característica feira son Wooding, Diane Onlooker, Jardinería Espiñeira, Tejeluz, Cerámica Raposiñas, Deica Creacións, Pase lo que pase, Mucha chicha, Recuncho de Cucadas e Cervezas Meiga. Así mesmo, haberá dous postos solidarios da man de Cruz Vermella de Boiro, coa campaña Agasalla un xoguete, e Callejeros Barbanza, que ofrecerá doces de Nadal.

Situado no local multiusos do mercado municipal durante o 28 e 29 de decembro, en horario de 11.00 a 14.30 horas e de 17.00 a 22.00 horas, a coordinación deste espazo corre a cargo da artesá Paula Tubío, de A gata moscovita.

Outros artigos

Amicos énchese de personaxes de cinema para celebrar o Samaín

Meigas, criaturas do máis alá e personaxes dalgunhas das películas máis coñecidas do cinema de terror déronse cita na sede boirense de Amicos para celebrar o Samaín 2026. O Centro de Atención Integral transformouse nun escenario de película, onde persoas de todas as...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“500 noites” – Xulio Xiz

“500 noites” – Xulio Xiz

O dato das 500 noites lembroumo o pasado San Froilán o magnífico Carlos García-Boente Carro, á fronte de La penúltima sabinera, que foi debullando os éxitos de Joaquín Sabina diante do entusiasmo dos presentes, deixando para o remate os dous temas para min máis...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.