
O programa galego Espazos Maker, materializado o ano pasado para fomentar as competencias STEM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñaría e Matemáticas) entre o alumnado, estende este novo curso a dez novos centros, que se engaden aos cen adheridos por estas mesmas da. En total, xa hai 20 centros docentes da nosa terra servindo de laboratorios de experimentación onde a tecnoloxía non só pode crearse, senón que tamén se comparte. Detrás deste programa atópase a Consellería de Educación. Entre as unidades adheridas con este curso atópase o IES A Cachada en Boiro.
Todos os centros reciben unha dotación económica e material tecnolóxico específico para levar a cabo investigacións, realizar experimentos ou desenvolver prototipados.
Estas son as unidades que estrean con este curso os Espazos Maker: IES Agra de Raíces (Cee), IES Plurilingüe Elviña (A Coruña), CPI Plurilingüe Cabo da Area (Laxe), IES Plurilingüe Rosalía de Castro (Santiago), IES Eduardo Pondal de Ponteceso, IES Plurilingüe A Cachada (Boiro), IES Rego de Trabe (Culleredo), IES Monte Castelo (Burela), IES Universidade Laboral (Ourense) e IES do Castro (Vigo).
Polo que respecto aos centros integrados no curso anterior, son os que citamos de seguido: IES Sofía Casanova (Ferrol), CPI Plurilingüe Cernadas de Castro (Lousame), IES Arcebispo Xelmírez II (Santiago de Compostela), IES Monte das Moas (A Coruña), IES Isaac Díaz Pardo (Sada), IES A Pontepedriña (Santiago de Compostela), IES de Porto do Son (Porto do Son); IES A Xunqueira II (Pontevedra), IES República Oriental do Uruguai (Vigo) e IES Primeiro de Marzo (Baiona).
Cada
un destes centros recibe unha achega de 2.000 euros por parte da
Consellería para poñer en marcha o seu Espazo Maker, así como unha
dotación de material específico que inclúe un equipo de procesado
audiovisual (con estación de procesado, pantalla grande e dúas
tabletas), equipamento audiovisual (cámara dixital de foto e vídeo
con obxectivos intercambiábeis e trípode, trípode de alta
estabilidade, gravador de audio, cascos auriculares, sistema de
gravación completo, equipo multifunción color tamaño A3 e escáner
3D), e mobiliario metálico (composto por carro para desprazar
pequeno equipamento e banco de traballo ou superficie fixa de
traballo para maquinaria).
A dotación complétase con pequena
maquinaria e ferramenta como trade eléctrico de gran potencia, trade
de batería, mini trade de bricolaxe, lixadora delta e set completo
de lixas de diferente grao e para materiais distintos, caladora con
set completo de follas de corte, sistemas de aspiración de seco e
húmido semiprofesional, cortadora-fresadora CNC, conxunto de
ferramenta manual, soldador de estaño, conxunto de coitelos de
precisión pistolas de pegamento termofusible e de aire e máquina de
coser.