O BNG de Boiro critica os criterios que rexen o envío de convites para a Gala do Deporte

30 Decembro 2019

O Bloque Nacionalista de Boiro, coordinado por Raquel Suárez Regades, vén de emitir unha queixa sobre os procedementos seguidos á hora de cursar os convites para a Gala do Deporte 2019, acto de celebración do que falamos en detalle en O Barbanza, dando conta das gañadoras e dos gañadores. Segundo sinala o BNG, recoñecidas e recoñecidos deportistas do concello non terían recibido invitación para a referida gala, “circunstancia que foi considerada por elas e eles como un esquecemento de difícil xustificación ou como un agravio respecto doutras deportistas que si que o foron”, engade a agrupación nacionalista boirense.

En base ao devandito e tendo en conta o seu “descoñecemento sobre os criterios seguidos pola organización para formalizar os convites no referido evento”, o BNG solicita que o Goberno municipal explique os “criterios, obxectivos, seguidos para invitar a deportistas do concello á Gala do Deporte 2019”. Tamén se require ao Concello que “en vindeiros anos teñan presenza no acto todas as persoas que pola súa práctica e logros, nos diferentes eidos e de maneira consensuada, sexan merecedoras de estar presentes na citada gala”.

Outros artigos

Martes 20, marcado pola choiva e o vento do sur

As Rías Baixas e a comarca de Santiago quedarán este martes baixo a influencia das baixas presións situadas ao sur de Irlanda, que enviarán a Galicia unha nova fronte activa. A situación traerá ceos cubertos e precipitacións xeneralizadas, que serán máis intensas e...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Ketty Garat, periodista de año” – José Castro López

“Ketty Garat, periodista de año” – José Castro López

La elección de la ferrolana Ketty Garat como mejor periodista del año 2025 por parte de la Asociación de la Prensa de Madrid no es solo un reconocimiento a su actividad profesional impecable, es también una reivindicación del periodismo de investigación, esencial para...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.