Boiro distinguiu aos seus deportistas na Gala do Deporte 2019

30 Decembro 2019

Os deportistas e clubs do municipio de Boiro que destacaron nas súas respectivas disciplinas durante o 2019 foron homenaxeados na Gala do Deporte. Deste xeito, reuniuse a numerosas persoas vinculadas co deporte do concello nunha celebración conxunta para recordar os logros acadados. No acto, conducido por José Triñanes, tamén se procedeu á entrega das becas que cada ano reparte o Concello, así como as distincións a todos aqueles que se converteron en campións en competicións galegas, nacionais ou europeas.

En total concedéronse 25 bolsas cunha dotación que oscila entre os 300 e os 100 euros. Entre os requisitos dos solicitantes figuraban ter entre 11 e 23 anos, non sufrir sanción ou descualificación por comportamento antideportivo e ter participado en campionatos oficiais galegos, españois ou de nivel superior, en probas oficiais de nivel competitivo igual ou superior aos campionatos galegos ou en campionatos oficiais absolutos de liga da 1ª, 2ª e 3ª categoría de cada especialidade.

Os agraciados en recibir estas achegas foron Alma Pérez, Desiree Rivadulla, Claudia Miguéns, Natalia Tubío, Javier Torrado, Verónica Ferreiro, Jaime Arjones, José Ramón Vázquez, Alan Davila, Carlos García, Antía Sánchez, Lidia Figueira, Alba Muñiz, Alexis Miguéns, Alba Caamaño, Emma Ordóñez, Brais Canosa, Manuel Lorenzo, Martín García, Pablo Torrado, Iria Gómez, Iria García, Sara Ordóñez, Carla Saborido e Diego Vidal.

Ademais das becas entregáronse distincións a deportistas sénior, adestradores e clubs dos que se salientou o seu labor. Os criterios a seguir para a selección dos premiados foron ter en conta os campionatos galegos, os tres primeiros clasificados en campionatos de España, ata un oitavo posto en campionatos de Europa e superiores e participacións destacadas en ligas da 1º e 2º división.

Así, resultaron galardoados Jaime Solla e José García (Club Náutico Boiro); Marcos Gómez (Barbanza Golf); Raquel Dacosta (Club Piragüismo As Torres); Adrián Mosquera (Piragüismo Rías Baixas); Rubén García (Barbanza Golf); Simón Varela e Miguel Ángel Vázquez (Barbanza Golf); Alexandra López, Sandra Sánchez e Natalia Tubío (Club Náutico Riveira); Sandra Piñeiro (Club de Remo Orio); Pablo Bugallo (Club Voleibol Teruel); Ramón Carreño (Club Náutico Boiro); Jorge Candan e Pilar Barros (Club Náutico Boiro); Diego Romero (Club Piragüismo Breogán O Grove); Alberto Hermo (adestrador Club Remo Ares); Vanesa Rial (seleccionadora española rugby); Adrián Alves (adestrador Boiro Voleibol); Víctor Costado (adestrador Taekwondo Suh); Club Piragüismo Rías Baixas; Club Jealsa Boiro Voleibol; Club Taekwondo Suh e Club Remo Cabo de Cruz.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Portas xiratorias, interese público”. José Luís Calo

“Portas xiratorias, interese público”. José Luís Calo

España ten moito que mellorar na loita contra a corrupción. O Grupo de Estadoscontra a Corrupción do Consello de Europa (GRECO) publicou dous informes deseguimento que avalían o cumprimento por parte de España das súasrecomendacións para previr a corrupción. O “GRECO”...