Investigado un boirense como presunto autor dun delito de estafa

30 Decembro 2019

O Equipo de Estafas Telemáticas da Garda Civil da Compañía de Noia investigou a un veciño de Boiro como presunto autor dun delito de estafa tras a denuncia presentada por unha persoa en Alicante. A vítima denunciou nas dependencias oficiais do Posto Principal da Garda Civil de Crevillente que contactara a través de Internet cunha suposta empresa financeira, a cal accedeu a concederlle un crédito por un importe de 7.000 euros.

Tras a contratación do préstamo, un suposto representante da financeira contactou mediante mensaxe ao teléfono móbil da vítima comunicándolle que, para facer efectivo o importe, debía abonar previamente 370 euros en concepto de apertura, contrato e seguro de pago.

Unha vez realizado o ingreso da cantidade reclamada, tamén se lle requiriu o abono de 750 euros en concepto de comisión polas xestións realizadas, petición á que a vítima accedeu. Non obstante, nunca recibiu o importe solicitado, nin recuperado os 1.120 euros abonados, pois a suposta empresa rompeu toda comunicación.

A Garda Civil iniciou unha investigación e os efectivos do referido Equipo realizaron as xestións e comprobacións pertinentes, logrando a identificación plena do autor do delito, a pesar da complexidade dos recursos utilizados por esta persoa coa finalidade de evitar a súa posible localización.

O investigado, xunto coas actuacións realizadas, foi posto a disposición do Xulgado de Instrución Número 2 de Ribeira.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Libros para salir al mundo” – José Antonio Constenla

“Libros para salir al mundo” – José Antonio Constenla

Cuando un autor te deja tan buen recuerdo con sus obras anteriores, uno siempre está dispuesto a seguir leyéndolo. Esto es lo que me pasa a mí con Juan Pedro Delgado Espada, a quien sigo desde aquel Mosquetero del Rey. Ahora he vuelto a disfrutar mucho con sus dos...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.