Boiro celebra cunha gran festa o acendido oficial das luces de Nadal, este sábado 7

04 Decembro 2019

A finde boirense de ocio e compras destes días pasados vai ter continuidade esta seguinte fin de semana, co engadido extra de coincidir con dous importantes festivos. Entre unha e outra data, o sábado 7 promete ser unha xornada grande en materia festiva e de reivindicación do comercio local e de proximidade. As actividades, segundo informa o Concello de Boiro, chegarán a partir das 17.00 horas, coa inauguración do Belén municipal no local da Praza de Abastos.

O programa de benvida do Nadal proseguirá ás 17.15, cunha actuación musical itinerante a cargo de Brassica Rapa. Máis tarde, ás 18.00 haberá unha sesión de xogos inclusivos coa Asociación Amigos, na rúa Peonil.

Por certo que os integrantes da dita asociación serán os encargados, arredor das 19.00 horas, de levar a cabo o prendido oficial das luces de Nadal.

As actividades proseguirán ás 19.15 horas, cunha actuación a cargo da Banda Municipal de Música de Boiro. De xeito complementario, arredor das 19.30, está previsto que recomece a xeira musical itinerante de Brassica Rapa.

En palabras do Concello, a xornada festiva do 7 de decembro será unha oportunidade inmellorábel para darmos a benvida á festividade do Nadal, ao tempo que desfrutamos do ambiente festivo nas rúas, os comercios e os bares e reivindicamos, deste xeito, a saudábel práctica de apostar polos establecementos que temos ao alcance da man: os negocios de proximidade que dan apoio e riqueza ás novas vilas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“12 de agosto de 1975”. Xosé González Martínez

“12 de agosto de 1975”. Xosé González Martínez

Sempre tiven curiosidade pola etimoloxía da nosa onomástica. Pero tamén polosalcumes, para coñecer as razóns que os motivaron. De aí que sexa un atento lector dostextos das esquelas que se publican nos xornais.O mes de agosto sempre foi un mes moi festeiro. Por estas...

“El rey ausente” – Manuel Domínguez

“El rey ausente” – Manuel Domínguez

El rey ausente. Los muertos son números que forman parte de una estadística. ¿Números? Si. Si muere en el exterior, es el número del pasaporte, si muere en el hospital en número de la seguridad social, si muere en casa el número del DNI. Los 100 muertos en el mar,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.