Arousa Norte Gastronómica remata este domingo cun gran showcooking aberto en La Galiciana

13 Decembro 2019

Arousa Norte Gastronómica, a experiencia integral de promoción turística dos nosos concellos que se está a levar a cabo estes días no mercado de La Galiciana de Santiago, vai chegar ao seu broche de ouro este domingo 15 ás 19.30 horas. A clausura da iniciativa, impulsada pola Mancomunidade de Municipios de Arousa Norte (Ribeira, A Pobra do Caramiñal, Boiro e Rianxo) e financiada pola Deputación da Coruña, será unha actividade aberta ao público en xeral, que poderán desfrutar dunha demostración gastronómica (un showcooking) cos nosos produtos a cargo dos seguintes cociñeiros e cociñeiras de Arousa Norte: Luis Arijón (Nojira Restaurante & Bar, Pobra do Caramiñal), Luisma Tobar (Moanin, Boiro), Alberto Carou (O Curral do Marqués, Rianxo) e Lara del Río (Balieiros Restaurante, Ribeira).

Este equipo de profesionais encargarase de elaborar diferentes receitas con produtos representativos da nosa terra e do no mar, e está previsto que ao remate da súa elaboración se celebre unha degustación entre todas as persoas asistentes.

Ademais, a actividade completarase coa actuación musical do grupo The Lákazans co fin de amosar tamén o potencial cultural e artístico co que conta a comarca do Barbanza.

Será o broche de ouro para esta primeira edición de Arousa Norte Gastronómica, cuxo obxectivo principal foi “aproveitar a riqueza gastronómica coa que conta o territorio para promover o xeodestino dos catro concellos”.

Outros artigos

“Plan de Rescate da Sanidade Pública Galega”. Xosé Mª Dios Diz

“As listas de agarda constitúen unha das formas máis sofisticadas de crueldade. Son producto dun Sistema que intentaatender a todos con recursos cos que so se pode atender a algúns”. Juan José Millás: escritor. Valencia. 1946.Esta reflexión nos indica que os...

+

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.