A gastronomía de Arousa Norte chega a Santiago e Pontevedra

02 Decembro 2019
Cedida por Mancomunidade de Municipios Arousa Norte

Os municipios que conforman Arousa Norte impulsan a súa estratexia de promoción turística poñendo especial énfase na gastronomía, pois a contorna conta cun dos portos de baixura máis importantes de Europa, coa produción principal de mexillón de Galicia, con conserveiras icónicas no territorio español e europeo, e cos excelentes viños amparados pola Indicación Xeográfica Protexida ‘Viños da Terra do Barbanza e Iria’.

Unha gran riqueza gastronómica que a Mancomunidade de Municipios Arousa Norte promocionará en Santiago de Compostela e Pontevedra coa primeira edición da Arousa Norte Gastronómica, que arrancou na tarde do venres no Mercado de Abastos de Santiago cunha presentación amenizada pola pianista rianxeira Aida Saco.

Cedida por Mancomunidade de Municipios Arousa Norte

Esta posta de largo que virá seguida de varias actividades repartidas entre Santiago e Pontevedra. Así, o cociñeiro con estrela Michelin Yayo Daporta ofrecerá o 10 de decembro, ás 19.00 horas, no mercado Boanerges (unha das novas iconas gastronómicas da cidade) un showcooking con catro receitas elaboradas en directo con materias primas diferenciadoras de cada un dos catro concellos de Arousa Norte. Paralelamente, os clientes de La Galiciana terán dispoñible entre o 9 e o 13 de decembro o menú degustación Arousa Norte, confeccionado diariamente cos produtos estrela do Barbanza.

Cedida por Mancomunidade de Municipios Arousa Norte
Cedida por Mancomunidade de Municipios Arousa Norte
Cedida por Mancomunidade de Municipios Arousa Norte

A programación chegará a Pontevedra da man do food truck de Arousa Norte Gastronómica, que se instalará o 7 de decembro na Praza de Abastos da cidade do Lérez para elaborar catro receitas diferentes representativas da gastronomía local, funcionando desde as 12.00 ata as 15.00 horas e repartindo 400 tapas.

A iniciativa Arousa Norte Gastronómica pecharase o 15 de decembro, ás 19.30 horas, en La Galiciana con showcooking e degustación de catro receitas con produtos representativos do Barbanza, amenizado por The Lákazans.

Ademais de coñecer de primeira man as xoias gastronómicas de Arousa Norte, os asistentes ás diversas actividades programadas terán a oportunidade de participar en sorteos de lotes de produtos gastronómicos da zona e bonos de aloxamento.

Outros artigos

Este venres 11, máis sol co avance do día e temperaturas en ascenso

O reforzo da influencia anticiclónica e a entrada de circulación de vento do nordés marcarán a predición meteorolóxica deste venres, garantindo unha xornada de tempo seco e progresivamente máis despexado. Durante as primeiras horas da mañá predominarán as nubes baixas...

+

“Apuntes en septiembre”. Mario Clavell

Vine al calor de mi ciudad mediterránea y hago un resumen de la Compostela que acabo de dejar. Dejo la torre Berenguela andamianada para que la maquillen. Me dura la emoción cósmica del eclipse del 12 agosto. El Obradoiro en estremeció en esa hora de...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“A arte de non morrer”. Xosé González Martínez

“A arte de non morrer”. Xosé González Martínez

O ensaio escrito polo médico Roberto Fernández Álvarez, “Arte de non morrer.Antropoloxía da lonxevidade galega” recibíu Premio Ramón Piñeiro, moi merecidamenteporque é un estudo denso con abondosos datos e atinadas interpretacións científicas.O seu autor afonda nas...

“Sociedade actual” – José Manuel Pena

“Sociedade actual” – José Manuel Pena

É evidente que a sociedade actual está creada á medida dos trepas, insolidarios, narcisistas, xenófobos e xente sen escrúpulos. Teñen todas as condicións e facultades para progresar, enriquecerse e explotar ao resto de mortais. Aprovéitanse da humildade, as carencias...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.