Alumnado do CEIP Santa Baia deseña un espazo do Centro Social de Boiro

12 Decembro 2019

Con motivo do 20 aniversario do Centro Social de Boiro, o alumnado do CEIP Santa Baia visitou esta semana as súas instalacións para coñecelas, saber o traballo e as actividades que se desenvolven e facer as súas propostas para dedicar un espazo para a rapazada da súa idade dentro do referido inmoble.

Este edificio público dispón de numerosas aulas que ofrecen diariamente moitas posibilidades e unha gran cantidade de citas promovidas tanto polo Concello coma por asociacións e entidades do municipio, tendo como finalidade ofrecer alternativas para tódolos gustos e públicos.

Segundo manifestan desde o Concello, os adolescentes constitúen a franxa de idade que máis difícil o ten pata atopar alternativas de ocio en Boiro. Por esta razón, desde o Centro Social se está a traballar para acondicionar unha área destinada especificamente para este grupo de idade. Neste senso, ao redor de 60 estudantes do CEIP Santa Baia visitaron as instalacións e fixeron as súas aportacións para crear unha zona específica mediante o deseño dunha maqueta.

Inicialmente está previsto que este novo espazo se habilite na segunda planta do edificio, recollendo parte das iniciativas que xurdiron deste taller, tales coma unha funcionalidade aberta e participativa, ademais da colocación dunha televisión que permita visionar películas ou vídeos.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

Hai case oito séculos, as Sete Partidas de Alfonso X pretendían establecer unhas regras comúns para ordenar a sociedade. Hoxe vivimos nunha democracia con leis e mecanismos de control, pero segue vixente unha pregunta fundamental: de que serven as normas se quen debe...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.