A República Luminosa de Andrés Barba centra este Nadal a actividade do Club de Lectura de Boiro

24 Decembro 2019

Nadal e literatura fan boa combinación, non só porque destas festividades e da súa conxunción co talento de centos de escritoras e escritores teñen abrollado contribucións máis que destacadas, senón porque ao incrementarse o tempo de lecer, estréitase tamén a nosa relación cos libros. Tendo en conta isto e tendo en conta tamén a importante repercusión das experiencias previas (por exemplo con Antón Riveiro Coello, con Edurne Portela ou (máis recentemente) con Héctor Cajaraville, o Club de Lectura de Boiro non descansa estas festas. Segundo nos conta a súa comunidade, a culpa (no bo sentido) desta febre literaria tena agora República luminosa (Anagrama), a máis recente obra do madrileño Andrés Barba, gañadora en 2017 do Premio Herralde de Novela.

O Club lembra á veciñanza de Boiro que as persoas que queiran incorporarse á comunidade e ás súas actividades pode coller emprestado o libro na Biblioteca Municipal. A seguinte quedada será o 16 de xaneiro, ás 18.00 horas, co obxectivo de comentar o devandito libro de maneira participativa e recibir o novo ano con literatura.

Polo que se refire á novela que centra este cambio de ano para o Club da Lectura de Boiro, é unha indagación sobre as ligazóns afectivas dos habitantes dunha cidade tropical de provinciais que podería ser calquera, onde se reproducen “os mesmos mecanismos de perpetuación no poder, os mesmos circuítos de lexitimación e amiguismo e as mesmas dinámicas que noutras cidades pequenas”. Á cidade de San Cristóbal chega 1993 un funcionario novo de asuntos sociais casado cunha mestra de violín ao que lle ofrecen o labor de integrar as comunidades socialmente ás comunidades indíxenas acabadas de chegar á cidade. A novela céntrase na recreación deste tempo feita polo narrador-funcionario dúas décadas despois da súa chegada e de ser testemuña dun feito inquietante: a aparición de 32 nenos violentos (nenos da rúa) que ninguén sabe de onde proceden e cuxos actos mudan para sempre a orde social establecida.

Outros artigos

As mulleres do ámbito social, protagonistas do 8M en Boiro

O Concello de Boiro celebra o 8M coas mulleres do social como protagonistas dun manifesto institucional no que participaron as mulleres de Amicos, BarbanTEA e Aloumiña que reivindicaron os seus dereitos e ratificaron o seu compromiso por unha sociedade mais...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Dios está tristemente enfadado”. Manuel Dominguez III

“Dios está tristemente enfadado”. Manuel Dominguez III

El pastor evangélico Tom Mullins y una veintena de más colegas, todos portavoces de la palabra de Dios. Oran en la Casa Blanca, rodeando al presidente D Trump, y rogando a Dios le dé a Trump, sabiduría para su corazón y su mente. Aquí vemos que Dios no puede hacer...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.