A Policía Local de Rianxo detectou outro condutor circulando sen puntos

12 Decembro 2019
Facebook da Policía Local de Rianxo

Na quenda da mañá do día de onte, 11 de decembro, cando se realizaba un control preventivo de tráfico no lugar de Rianxiño e enmarcado na campaña de vixilancia de consumo de alcohol e drogas na condución da Dirección Xeral de Tráfico (DXT), a Policía Local de Rianxo detectou outro vehículo cuxo condutor comprobouse que carecía de permiso de conducir como consecuencia da perda da totalidade dos puntos. Ademais, apúntase que lle constaban numerosos antecedentes por feitos similares e que deu positivo na proba de detección de drogas efectuada. Así, procedeuse á instrución de dilixencias penais e á súa investigación por un delito contra a seguridade do tráfico, ademais da sanción administrativa correspondente.

Outros artigos

En Rianxo, a AECC pon en marcha o Club de Saúde

A Asociación Española Contra o Cancro pon en marcha en Rianxo o Club de Saúde, un programa gratuíto e dirixido a persoas con cancro, superviventes e familiares. De setembro a novembro, comezando o 24 de setembro, celebraranse oito obradoiros de saúde física, emocional...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Cada cousa é para o que é”. José Fernández Lago

“Cada cousa é para o que é”. José Fernández Lago

Ao rematar o verán, terminan as vacacións e tamén algunhas actividades complementarias, de xeito que os nenos saiban relacionarse entre eles e procuren axudarse uns aos outros a ser felices, e a asentar no que se poida o seu futuro. Os voluntarios de Cáritas remataron...

“Informe PISA, educar para la vida”. Alberto Barciela

“Informe PISA, educar para la vida”. Alberto Barciela

Cuando los fríos guarismos del último informe PISA vuelven a agitar los titulares con la cantinela de nuestras recurrentes carencias educativas, confirmamos que seguimos midiendo el rendimiento de las aulas con la precisión del contable pero con el desdichado desdén...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.