A Pobra suma patrimonio coa Casa da Cadea

17 Decembro 2019

A Lista Vermella de Patrimonio que mantén e actualiza Hispania Nostra inclúe a pobrense Casa da Cadea, situada na rúa Ponte, unha construción do século XVIII que funcionou como cárcere ata finais do XIX. No mes de novembro, o presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, reuniuse co alcalde da Pobra do Caramiñal, Xosé Lois Piñeiro, e a concelleira de Cultura da localidade, Patricia Lojo, para abordar diversos asuntos, entre eles, a colaboración da institución provincial para o proxecto de adquisición e rehabilitación do citado inmoble.

Posteriormente, no pleno extraordinario e urxente celebrado o 10 de decembro, aprobouse unha partida de 150.000 euros procedentes da remanente do ano 2018 para a compra da Casa da Cadea, a cal agardan que se efectúe antes de que finalice o ano e contar co proxecto en marzo de 2020, para o que se buscarán distintas formas de financiación.

A este respecto, o rexedor manifesta que a finalidade é recuperar un edificio “moi importante” para o concello desde o punto de vista histórico. Así mesmo, precisa que será necesario realizar unha cata arqueolóxica e comprobar se existe algún tipo de xacemento. En canto aos usos que se lle poida dar, expresa que non queren comprometer ningunha función ao depender, entre outros aspectos, do proxecto que lles permita desenvolver Patrimonio, pero afirma que a opción que cobra máis peso é a de Biblioteca.

Tamén se manexan dúas posibilidades no que se refire á rehabilitación do inmoble: unha pasa por utilizar a fachada dentro desa edificación, reconstruíndo o demais; e a outra por acondicionar a fachada, restaurándoa e asegurando a súa conservación, construíndo o edificio cara atrás e quedando a fronte como unha especie de pórtico.

Ademais, durante a reunión citada anteriormente tratouse a posibilidade de transferir á Deputación a titularidade da prolongación da DP-6705 que sube á Curota, mentres que o Concello asumiría o tramo urbano da DP-6703, concretamente, na rúa Ponte. En relación a este último, o mandatario local indica que están estudando a posibilidade de realizar un acondicionamento da vía, na que precisamente se atopa emprazada a Casa da Cadea. Deste xeito, transformaríase nunha plataforma única para facer o entorno máis accesible, establecendo seguramente dirección única de circulación e examinando as consecuencias que tería esta medida para a veciñanza.

Outros artigos

Espazos Sonoros chega á Pobra con Sara Ruiz, este 26 de setembro

O ciclo Espazos Sonoros 2026, organizado pola Deputación da Coruña, fará parada no concello da Pobra o vindeiro sábado 26 de setembro cunha xornada que combinará música, patrimonio, historia e literatura e que conta coa colaboración do Concello da Pobra do Caramiñal....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.