O Concello pobrense destinará unha partida á adquisición da Casa da Cadea

11 Decembro 2019

A Pobra do Caramiñal celebrou na tarde de onte unha sesión plenaria urxente e extraordinaria. Charo Varela, de Nós Pobra, explicou que a razón da convocatoria fundamentábase en aprobar unha serie de partidas para o uso do remanente de 1.357.367’91 euros, dos cales son utilizables 723.621’82 euros, considerando que as obras que se levaban eran “importantísimas.”

Tanto a voceira do BNG, Amparo Cerecedo, coma o portavoz do PP, Manuel Durán, expresaron reiteradamente a falta de tempo para estudar os puntos que se levaban na orde do día, así como a escasa información sobre o contido dos mesmos.

A concelleira de Servizos Sociais, Servizos Municipais e Benestar Animal, Estefanía Ramos, manifestou a necesidade dun brazo hidráulico para desbroce, unha pa retroescavadora e unha serie de contedores para o lixo. O punto saíu adiante cos votos a favor de Nós Pobra e PSdeG-PSOE, absténdose PP e BNG.

A continuación, o edil de Seguridade Cidadá, José Andrés Lojo, expuxo que era preciso adquirir un vehículo para a Policía Local e outro para Protección Civil. A cuestión foi aprobada cos votos favorables de Nós Pobra e PSdeG-PSOE, absténdose PP e BNG.

Despois, tratouse o punto relativo ao crédito extraordinario para a reforma integral do Camiño Real fase 2, sendo aprobado por unanimidade.

A concelleira de Cultura, Patricia Lojo, abordou o asunto de destinar unha partida para a adquisición da Casa da Cadea, a cal se dedicará a uso municipal. Saíu adiante cos votos a favor de Nós Pobra e PSdeG-PSOE, a pesar dos votos en contra do PP e a abstención do BNG.

Pola súa parte, a edil de Facenda, Charo Varela, expresou que se o remanente non se gasta en investimentos é obrigado empregalo para amortizar a débeda, destinando así 36.539’51 euros. O punto foi aprobado cos votos favorables de Nós Pobra e PSdeG-PSOE, absténdose PP e BNG.

Finalmente, a concelleira de Deportes, Genoveva Hermo, explicou que, a pesar de que xa se iniciaron as actuacións no polideportivo municipal situado na rúa Venecia, non era posible rematalas antes de que conclúa o ano. Deste xeito, resultaba preciso volver a aprobar o investimento ao rematar a prórroga, saíndo adiante por unanimidade.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.