A inauguración da Carpa dos Soños e numerosos festivais durante a fin de semana boirense

20 Decembro 2019

O municipio de Boiro conta cunha fin de semana cargada de actividades. Así, na xornada de hoxe, venres 20, a Casa da Cultura Ramón Martínez López será escenario, ás 20.00 horas, do Festival de Nadal da Escola de Música de Boiro.

Ao día seguinte, sábado 21, procederase á inauguración da Carpa dos Soños, ás 18.00 horas, na praza do Concello. Este espazo permanecerá durante o Nadal e albergará boa parte das citas enmarcadas na programación realizada con motivo destas datas. A apertura contará coa actuación do combo de guitarra da Escola de Música de Boiro. Simultaneamente, celebrarase o Festival de Nadal de Xilbarbeira na Casa da Cultura boirense. Pouco despois, concretamente ás 19.00 horas, The Fender’s Leña ofrecerá un concerto na rúa Pablo Iglesias. En caso de chuvia, trasladarase á Carpa dos Soños.

Na xornada do domingo 22, o Centro Social de Abanqueiro acollerá, ás 17.00 horas, o Festival de Nadal da Asociación Cultural de Abanqueiro, o cal estará amenizado pola Escola de Música do Centro Social de Abanqueiro, Pedra da Aroña, Teatro, O Centenarios de Louro, Os da Boina e A Dorniña de Abanqueiro. Máis tarde, ás 18.30 horas, terá lugar na Casa da Cultura boirense o Festival de Nadal organizado pola Asociación de Amas de Casa, Usuarios e Consumidores. Así mesmo, a Banda Municipal de Música de Boiro desenvolverá o seu clásico Concerto de Nadal na igrexa parroquial de Santa Baia, a partir das 21.00 horas. Nesta ocasión, contarán coa colaboración dos coros de voces brancas dos colexios Santa Baia e Santa María do Castro, así como a Coral da Escola Municipal de Música de Boiro. Tamén haberá algunha que outra sorpresa.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

Una vía de alta prestación a 15 minutos”. José Castro López

Una vía de alta prestación a 15 minutos”. José Castro López

El Gobierno gallego cumplió con una de sus primeras obligaciones, la de presentar losPresupuestos con la previsión de ingresos y el desglose de gastos para el ejercicio 2027.Las cuentas anuales son como la hoja de ruta a la que ha de ajustarse el Ejecutivo en...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.