Xaquín del Valle-Inclán analizou a época na Mercé do máximo expoñente do esperpento

25 Novembro 2019

O pobrense Auditorio do Museo Valle-Inclán albergou una tarde do venres a penúltima das sesións incluídas na programación con motivo da vixésimo primeira edición das Xornadas de Homenaxe a Valle-Inclán. Nesta ocasión, Xaquín del Valle-Inclán Alsina, investigador e descendente directo do intelectual, ofreceu o parladoiro Ramón del Valle-Inclán e familia no casal da Mercé, con proxección de imaxes e documentos inéditos.

A concelleira de Cultura, Patricia Lojo, salientou a figura de Xaquín como “reputado investigador do extraordinario ronsel persoal e artístico do gran literato.” Pola súa parte, o director do Museo, Antonio González, subliñou o traballo de rigor, contrastado e de divulgación desenvolvido por parte do investigador, engadindo que “é un privilexio para calquera localidade e para o Museo de Valle-Inclán que un descendente directo dun escritor investigue.” Así mesmo, precisou que as actividades englobadas na programación van máis aló do local, con referencia a ambas bandas da ría de Arousa.

Seguidamente, o relator procedeu coa súa exposición, centrándose na etapa de Valle-Inclán no casal da Mercé, ao cal chegou buscando vivenda tras a morte dun dos seus fillos en Cambados. As negociacións para alugar a referida propiedade foron longas, arrendando unicamente parte da finca e a residencia. Xaquín explicou que Valle-Inclán chega á Pobra entre finais de 1916 e comezos de 1917, pero non se instala na Mercé ata setembro de 1917 porque “non estaba en condicións.” Ademais, o investigador asegurou que a teoría de que o escritor se arruinou coa agricultura “é un disparate”, apoiando a súa afirmación en documentos contables da época e no feito de que, a pesar de marchar do lugar en 1921, continúa coas terras. Outra das cuestións a abordar foi como influíu esta etapa na súa obra, destacando o seu misticismo e relixiosidade. Xaquín concluíu a súa intervención manifestando que para o seu antecesor foi “a súa época máis creativa e máis feliz.”

A continuación, os asistentes tiveron a oportunidade de expoñer as súas dubidas e facer as súas aportacións. Finalmente, foron agasallados cunha reprodución numerada e asinada dunha ilustración de Héitor Picallo, creada especialmente para estas xornadas, tratándose dunha edición limitada a 100 exemplares.

Outros artigos

O filme Salvaxe, Salvaxe proxéctase o 16 de outubro na Pobra

O vindeiro venres 16 de outubro, o Cine Elma da Poboa do Caramiñal acolle a proxección de Salvaxe, salvaxe, película incluída na programación contratada pola Deputación da Coruña dentro do seu compromiso co impulso da cultura e co acceso á actividade cultural nos...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.